[ View menu ]

Monthly Archive Decembro, 2006

Valor pedagóxico: sociabilidade

Andaba a percura de imaxes de xoguetes e entrei na páxina de Famosa coñecida marca de xoguetes. Resultoume sorprendente ver como a resposta que me da a páxina ó pedir un listado dos xoguetes clasificados polo seu valor pedagóxico como de sociabilidade me devolve unha pantalla na que os elementos que encabezan a lista son, ben bonecos que portan armas (espadas, escudos, mazas) ou ben artefactos de caracter bélico (barcos, catapultas, ect.).
Aínda máis sorprendente é que estos xoguetes estean orientados a nenos de 3 a 6 anos.

Chuzame! chuzame -

Os spots de bonecas exclúen ó neno

Nestes días están a emitirse un grande número de mensaxes publicitarias para nenos, atopo entre eles os anuncios de bonecas e observo que este tipo de spots exclúen ó neno.
Fago referencia maiormente a aqueles nos que o producto é un xoguete que simula un bebé. Nestas mensaxes a figura da nena está claramente representada desempeñando un rol de coidador no que a personaxe expresa actitudes afectivas positivas cara o boneco-bebé simulado o rol de nai.
O neno sen embargo non aparece identificado nos spots, a súa representación está ausente.
A nivel educativo este tipo de mensaxes poderían xerar interpretacións excluíntes por parte dos rapaces. Quérese dicir que o faltar a figura do neno varón as nenas poderían entender que este non debe participar no xogo cando este xira entorno do boneco-bebé, deste xeito cando o rapaz intentase intervir no xogo podería ser rexeitado.
Por outra banda o propio neno pode asumir que o xoguete non lle está destinado ou que non é apto para el; co cal, el mesmo se excluiría ou rehusaría o intento de participar do xogo.
Dende o punto de vista da mensaxe paréceme que esta construcción resulta escasamente eficiente en tanto reduce considerablemente a potencialidade das vendas da empresa anunciadora ó deixar fora unha parte importante do mercado infantil.

Chuzame! chuzame -

Os infantes online

As prácticas dos medios de comunicación na elaboración de contidos e difusión de mensaxes dirixidas á infancia están a xenerar a necesidade de adoptar medidas reguladoras dende a UE. Sobre esto versa o artigo UE: recomendaçao para proteger menores online publicado en  educomunicación.org.

Chuzame! chuzame -