[ View menu ]

Monthly Archive Xaneiro, 2007

A infancia como productor de contidos

..."el jefe de Technorati, un club «on line» de «blogging», también advirtió de las consecuencias de un exceso de participación e intimidad en la red, pues «las fotos y comentarios quedan, incluso los falsos y malvados, y muchos futuros candidatos a presidente o juez del Supremo pueden lamentarlo dentro de 20 años".

 

É un aspecto a ter en conta. No primeiro post deste blog, referenciábase un post de Manuel Pinto en educomunicaçao no que se falaba de medidas adoptadas polo Parlamento Europeo para protexer á infancia no uso das novas tecnoloxías. Cando se fala de protección da infancia soe falarse do acceso a contidos violentos ou pornográficos, sen embargo a cita que encabeza esta anotación fai pensar se non será necesario artellar o deseño da normativa entorno a outros aspectos.

Pregúntome que uso se podería facer no futuro dos contidos que hoxe en día están a producir nenos e adolescentes en internet, e de que forma se pode artellar un modelo que os protexa no futuro de accións pasadas realizadas ó arroubo da irreflexividade e inconsciencia propias da idade infantil.

Chuzame! chuzame -

Os videoxogos violentos afectan ó cerebro dos adolescentes

Unha investigación levada a cabo polo doutor Vincent Mathews, profesor de radioloxía na escola de medicina da Universidade de Indiana (norte), revela que este tipo de xogos incrementa a actividade en rexións cerebrais vencelladas ás emocións, mentres que reducen a actividade nas zonas que se encargan do razonamento e o autocontrol.
Segundo os resultados, sería posible que o incremento da violencia nos adolescentes esté vencellado ós videoxogos, xa que logo a inhibición do razoamento e o autocontrol fronte a unha pulsión de agresión favorecería que a pulsión se convirta en acto de agresión efectivo.

Un artigo publicado recientemente en El Economista explica que os nenos da xeración dos videoxogos son "creativamente menos imaxinativos"" e "pode dar lugar a adultos incapaces de reaccionar creativamente ante a falta dos seus recursos habituais".
Persoalmente, discrepo coa afirmación de que os videoxogos desenvolven a psicomotricidade, fundamentándome na definición consensuada polas asociacións españolas de Psicomotricidade ou Psicomotricistas; motivo tamén polo cal non participo da clasificación que soe facerse dos videoxogos.

Chuzame! chuzame -

O colmo dos colmos en publicidade e infancia

Algunhas iniciativas, permítanme que me exceda, poñen de relevo a necesidade urxente de salvagardar ós nenos da actividade publicitaria.

Engado un enlace que por respeto ós posibles lectores me gardarei de comentar. Lean e xuzguen vostedes mesmos o colmo.

Chuzame! chuzame -

Mañá máis

"El poder seductor de los anuncios es directamente proporcional a la falta de criterio del que los recibe; cuanta menos preparación ética y de lectura audiovisual tiene una persona, más se deja atrapar por la publicidad y menos lo reconoce."

Extraio esta frase dun artigo de Miguel Angel Arconada Melero "La publicidad en familia" na revista Comunicar. Sen dúbida o sector con menos preparación ética e de lectura audiovisual é a infancia, pese a éstar sometidos a unha inxente cantidade de mensaxes audiovisuais.

O autor menta neste traballo, o uso que fai a publicidade das tensións familiares propias do desenvolvemento dos nenos. Un exemplo dese uso é a polémica campaña que se levou a cabo baixo o lema "Si no te lo compran es que no son tus padres"

Segundo Victoria Camps a infancia socialízase tanto na familia e na escola coma vendo a televisión.
A publicidade vende hoxe é fai a marca para mañá, e cada vez busca máis ós nenos coma interlocutores, dirixíndose a eles non só cando amosa productos para o consumo infantil. A miúdo, a publicidade trata de convertir ó neno en prescriptor de productos que teñen como consumidores ó pai ou a nai.
A socialización do individuo é un proceso progresivo. Nos primeiros anos de vida por tanto, o individuo carece dunha formación sólida en valores así coma de información suficiente, -sobre o entorno e o sistema de relacións existente- que lle permita discriminar e valorar as mensaxes que recibe a través dos medios de comunicación.
Dalgún xeito o neno atópase nunha situación de anomia, é isto virao especialmente susceptible ás mensaxes de carácter persuasivo.
O neno como espectador constitúe un lenzo en branco, sobre o que se pode actuar -máis ampliamente, con maior liberdade e maior éxito-, elixindo formas, colores, tamaño e motivos, disposición e modo de pigmentación.
Mentres os pais educan ó fillo, os mestres educan ó alumno, os medios de comunicación educan á audiencia.

Chuzame! chuzame -

Televisión Sen Fronteiras

As asociacións de consumidores non se sinten satisfeitas coas modificacións aplicadas á Directiva de Televisións sen fronteiras adoptada o 13 de decembro pasado. Según as asociacións de consumidores os nenos estarán expostos a un maior número de anuncios. A súa maior preocupación céntrase nos anuncios de alimentos con altos contidos de azúcares, grasas e sal; así coma no feito de que se permita a publicidade encuberta mediante o emplazamento do producto, dado que para os nenos resulta máis difícil de recoñecer.

Agradezo á OCU e especialmente a David M. Ortega Peciña do equipo de Comunicación y Relaciones Institucionales. Area de Asuntos Europeos a documentación que adxunto

TSF Carta Aberta

ver vídeo

Chuzame! chuzame -