- A construcción do imaxinario colectivo » »
- « « Os videoxogos violentos afectan ó cerebro dos adolescentes
A infancia como productor de contidos
É un aspecto a ter en conta. No primeiro post deste blog, referenciábase un post de Manuel Pinto en educomunicaçao no que se falaba de medidas adoptadas polo Parlamento Europeo para protexer á infancia no uso das novas tecnoloxías. Cando se fala de protección da infancia soe falarse do acceso a contidos violentos ou pornográficos, sen embargo a cita que encabeza esta anotación fai pensar se non será necesario artellar o deseño da normativa entorno a outros aspectos.
Pregúntome que uso se podería facer no futuro dos contidos que hoxe en día están a producir nenos e adolescentes en internet, e de que forma se pode artellar un modelo que os protexa no futuro de accións pasadas realizadas ó arroubo da irreflexividade e inconsciencia propias da idade infantil.
chuzame - 