[ View menu ]

Monthly Archive Febreiro, 2007

Semiótica cultural

"O neno descubre o acto gráfico elemental (jfr.Gibson 1978; 1980; Lurçat 1974) cando o seu interés cambia do movemento manual como tal ás pegadas que estos movementos deixan nun papel ou en outro soporte cando a man sostén un lápiz e o lápiz se apoia contra o papel. Máis adiante o acto gráfico divídese en dúas líneas de desenvolvemento completamente diferentes: unha parte da súa adquisición adéstrase pola representación dunha cantidade limitada de líñas e curvas que chamamos letras; outra parte disfruta un pouco máis dunha liberdade relativa, ó menos hasta que aparece o difamado estadio de realismo dos pedagogos. Con unha das metáforas más antigas do mundo da computación dise que a escrita é dixital (e tamén -índa que menos evidente para o lego- o idioma falado) mentras que a imaxe é análoga. Con eso non se quere dicir que por regla a imaxe sexa icónica, é dicir, igual ó que representa, senón que é continua, tal como a realidade -e tal como o é unha esfera tradicional do reloxio, a diferencia do indicador de cifras do reloxio a cuarzo.
...
Como tódalas imáxes sintéticas, a realidade virtual precede ó seu (eventual) referente. Pero esta ten (eventualmente) un referente; non é un. Hasta aquí perdura a experiencia do carácter do signo; de algo dado directamente que non é temático e que apunta a algo indirectamente dado que forma o tema (jfr. Sonesson 1989a, I.2.5, I. 4.2; 1992). Pero o límite entre o signo e a realidade é pouco claro. Ó final queda sólo a apariencia. Dixit Baudrillard, sendo él mismo unha parte da apariencia". Semiótica cultural da sociedade de imaxes

Chuzame! chuzame -

Interacción virtual

"Dacordo coa hermenéutica existencial, o ser humano non é un buscador solitario tratando de alcanzar a outros ou ó mundo exterior desde o seu cerebro, senón que existe-no-mundo-con-outros. Dentro deste mundo aberto de posibilidades unha persoa encontra a outra e comparte cousas e asuntos, desenvolvendo en toda a súa variedade e complexidade o que Hannah Arendt chama "a rede das relacións humanas" ("web of human relationships") (Arendt 1970, p. 183-184). Ó fixarse unha parte do trasfondo dunha comunidade nunha base de datos o interrogador pode comparar as súas preguntas co mencionado trasfondo. Neste caso, o que Gadamer chama "fusión de horizontes" (Gadamer 1975) é unha descripción non sólo da situación da interpretación dun texto en xeral, senón tamén e aínda en forma máis precisa do proceso dinámico que ocurre durante o diálogo en línea.

Podemos considerar ó proceso de almacenamento e recuperación da información baixo un punto de vista hermenéutico como a articulación da relación entre a apertura existencial ó mundo do interrogador, os seus distintos horizontes de pre-comprensión abertos e compartidos socialmente e o horizonte prefixado do sistema. O proceso de búsqueda de información é básicamente un proceso de interpretación que ten que ver co contexto vital e o trasfondo do interrogador e o de aquelos que almacenan diferentes tipos de expresións lingüísticas que teñen un significado dentro de contextos de comprensión fixos como son un thesauro, palabras claves e esquemas de clasificación."

Chuzame! chuzame -

Código Europeo de Deontoloxía do Xornalismo

Art. 15 e 16

15. Nin os editores ou propietarios nin os periodistas deben considerarse donos da información. Desde a empresa informativa a información non debe ser tratada como unha mercancía senón como un dereito fundamental dos cidadáns. En consecuencia, nin a calidade das informacións ou opinións nin o sentido das mesmas deben estar mediatizadas polas exixencias de aumentar o número de lectores ou de audiencia ou en función do aumento dos ingresos por publicidade. 16. O tratamento ético da información exixe que se considere como destinatarios da mesma ás persoas consideradas en canto a tales non como masas.

Chuzame! chuzame -

Epistemoloxía da Información

"Provisionalmente -e a título de ilustración de estas reflexións- ocúrresenos establecer as seguintes hipóteses, que poden orientar a investigación:
• os medios inflúen na percepción do mundo fragmentado.
• nesa percepción o mundo entrégase, como coñecemento, ordenado nunha taxonomía etnocentrista e etnocentrada;
• nesa taxonomía, resulta privilexiado o próximo, segundo quere o axioma da Proxémica, segundo o cal o mais cercano é mais relevante ca o máis alonxado;
• o devandito axioma, que se cumpre nalgúns casos, resulta habilmente violado pólas estratexias do medio, que conseguen, mediante a espectacularidade e as técnicas de interese humano, facer pesar tanto o alonxado coma o próximo –no espíritu do suxeito receptor- e o irrelevante coma o relevante;
• a aceptación acrítica de taxóns e fronteiras no espacio perceptivo dos medios –que reproducen un estado de cousas arcaico- encontra lexitimidade e “quinta columna” nunha construcción previa á comunicación social, e que a comunicación social, lonxe de contrariar ou defraudar, confirma e reproduce: é a formación do suxeito receptor como suxeito colectivo nacional, desagregado e enfrontado ó resto da humanidade, como grupo diferenciado e privilexiado;
• esa desagregación queda consagrada na orde dos signos, desde as categorías de “nacional-internacional”, que organizan aquel espacio perceptivo en torno a un “dentro” e un “fóra”;
• nese estado de cousas dificilmente cambiará se non se produce un cambio na orde previa da construcción do suxeito receptor.

...
Deste xeito, proporcionará, ós organismos comunitarios, ós Estados, é os medios de comunicación, pistas para un cambio na orientación da atención"...

Francisco J. Del Rey Morató. Epistemología de la Información. El método científico
Ed. Fragua 1989
ISBN: 84-7074-061-X
Pax. 243...280

Chuzame! chuzame -

Patoloxía do virtual

Cinco de cada cien adultos consultados en EEUU este mes dijeron que sus relaciones personales y sociales se han visto perjudicadas por el uso excesivo de Internet. Otro 12% dice que a menudo permanece en línea más tiempo del que desearían y al 14% le es difícil dejar de utilizar la red por varios días.

Aínda non se atreve ninguén a falar "adicción a Internet", e sen embargo Elias Aboujaoude, psiquiatra da Clínica de Trastornos de Control de Impulsos de Stanford explica ten características similares ás de algunhas adiccións, especialmente ás de drogas.

Chuzame! chuzame -

TIC no ensino

A finais do primeiro trimestre Xoán propúxonos sumarnos a unha actividade chamada "Audiovisual nas Aulas 2006".
Comezámola en xaneiro e durou sete sesións de dúas clases seguidas nas que tratamos temas dos medios audiovisuais, principalmente o cine. ....Evidentemente, todo se pode mellorar, pero tendo en conta que foi a primeira vez que se fixo no noso instituto, estivo bastante ben.

Esta é a conclusión de Lucía unha alumna de 4º de ESO respecto ó proxecto do Consorcio Audiovisual de Galicia Iniciación ás Novas Tecnoloxías un dos catro programas do proxecto que está a ser implementado de forma experimental nalgúns centros de Galicia.

Reproduzo un cuestionario modelo dunha das unidades didácticas que constitúe unha actividade para o aprendizaxe.

Ti e os teus enredos
¿Utilizas o móbil para outros usos a parte das chamadas e
mensaxes?
¿Cales?
¿Cal é a principal problemática que teñen estas novas utilidades?
¿Usas iTunes como reprodutor de música preferido?
¿Cales son as vantaxes que lle atopas con respecto a outros
reprodutores?

As ensinanzas mínimas establecidas para a E.S.O. identifícan como unha das oito competencias básicas o tratamento da información e a competencia dixital.
O discurso das TIC aplicadas ó ensino é un discurso clamoroso nos medios de comunicación

que se trata de introducirnos en el mundo de la investigación-acción, donde docentes-alumnos/as son protagonistas desde la producción de contenidos y aprendizajes significativos con metodologías innovadoras como pueden ser, en este caso, la utilización de la Web 2.0. educar

Non discrepo en ningún momento da necesidade e utilidade do ensino das novas tecnoloxías como un aspecto máis a coñecer do medio no que nos desenvolvemos, e sen embargo discrepo co tono desgarrador do discurso que parece máis ca unha reflexión unha exhortación desesperada e case agónica.
Ó meu modesto entender docentes e alumnos foron dende sempre protagonistas na producción de contidos e aprendizaxes significativos coma por exemplo os que deron na aparición da Web 2.0, en canto ás metodoloxías innovadoras coas que enlaza o artigo que referencio, non acabo de entender en que medida unha presentación de Power Point pode contribuir a mellorar a calidade dos coñecementos adquiridos, se ben admito que efectivamente pode ser útil para a difusión sexa cal sexa a calidade do contido.
Indudablemente os contidos informativos almacenados en formato dixital, permiten unha maior manexabilidade, e o feito de que a tendencia sexa cara este tipo de almacenamento fai necesario formar ós individuos en este sentido.
Para rematar, cunha reflexión anacrónica, tal vez, pregúntome se deixa de ser importante a interacción humana directa nos procesos de intercambio alumn@-mestre, alumn@-alumn@, tan útiles para o desenvolvemento da competencia social e ciudadana, que tamén recollen as ensinanzas mínimas establecidas para a E.S.O.

Chuzame! chuzame -

A construcción do imaxinario colectivo

Os soportes audiovisuales constitúen un dos factores máis importantes para a construcción do imaxinario colectivo hoxe en día. Observando os indicadores de audiencia, as ventas dun videoxogo, as veces que se visualizou un vídeo en internet, podemos facernos unha idea de cales son as imaxes e ideas que constituirán o imaxinario colectivo futuro e en definitiva á mesma sociedade futura.
A propósito deste feito inclúo unha cita a Dra. Blanca Solares Altamirano na revista Hypatia:

Las modernas técnicas de la imagen, específicamente la televisión y el impresionante cúmulo de productos audio-visuales y sus correspondientes conductos de visión (cine, video juegos e internet), para nada escapan a esta mixtificación sino que, antes bien, se han convertido en los últimos tiempos, en un auténtico fenómeno social tan familiar y banal a la vez que resultan inquietantes, justo en lo relativo a la carga de “imaginario” que vehiculizan.

O artigo fai unha reflexión antropolóxico-simbólica sobre  sobre o consumo de medios  e como estes regulan a interacción entre os membros da familia e mesmo a disposición do mobiliario, que me parece realmente interesante.

 Tamén e dende o punto de vista da producción dos contidos me parece de interés facer sonar en este blog a voz de Lolo Rico, cando se lle preguntou nunha entrevista do 2003 como pensaba que a televisión influía no comportamento dos nenos ela respostaba que:

estar cuatro horas diarias sentados ante un televisor es ya una manera de estar en el mundo y no la mejor. Si además durante esos 240 minutos te ofrecen imágenes pobres cuando no mal hechas, como sucede con los productos- no se pueden llamar programas- que llegan hoy a los niños y que se acompañan con unos contenidos con los que se pretende darles a conocer el mundo y la realidad, el resultado es malo. Los niños no tienen la culpa de que no se les permita concebir el mundo por sí mismos para comprometerse con él. Quizá lo que no se quiere son ciudadanos comprometidos.

Segundo Lolo Rico ademáis a televisión ten unha capacidade de empeoramento ilimitada pero é preciso preguntarse se é o único medio que se caracteriza por esta cualidade. O que non sen pon en dúbida é a capacidade de todos eles para socializar á infancia.

Chuzame! chuzame -