[ View menu ]

Daily Archive febreiro 6th, 2007

TIC no ensino

A finais do primeiro trimestre Xoán propúxonos sumarnos a unha actividade chamada "Audiovisual nas Aulas 2006".
Comezámola en xaneiro e durou sete sesións de dúas clases seguidas nas que tratamos temas dos medios audiovisuais, principalmente o cine. ....Evidentemente, todo se pode mellorar, pero tendo en conta que foi a primeira vez que se fixo no noso instituto, estivo bastante ben.

Esta é a conclusión de Lucía unha alumna de 4º de ESO respecto ó proxecto do Consorcio Audiovisual de Galicia Iniciación ás Novas Tecnoloxías un dos catro programas do proxecto que está a ser implementado de forma experimental nalgúns centros de Galicia.

Reproduzo un cuestionario modelo dunha das unidades didácticas que constitúe unha actividade para o aprendizaxe.

Ti e os teus enredos
¿Utilizas o móbil para outros usos a parte das chamadas e
mensaxes?
¿Cales?
¿Cal é a principal problemática que teñen estas novas utilidades?
¿Usas iTunes como reprodutor de música preferido?
¿Cales son as vantaxes que lle atopas con respecto a outros
reprodutores?

As ensinanzas mínimas establecidas para a E.S.O. identifícan como unha das oito competencias básicas o tratamento da información e a competencia dixital.
O discurso das TIC aplicadas ó ensino é un discurso clamoroso nos medios de comunicación

que se trata de introducirnos en el mundo de la investigación-acción, donde docentes-alumnos/as son protagonistas desde la producción de contenidos y aprendizajes significativos con metodologías innovadoras como pueden ser, en este caso, la utilización de la Web 2.0. educar

Non discrepo en ningún momento da necesidade e utilidade do ensino das novas tecnoloxías como un aspecto máis a coñecer do medio no que nos desenvolvemos, e sen embargo discrepo co tono desgarrador do discurso que parece máis ca unha reflexión unha exhortación desesperada e case agónica.
Ó meu modesto entender docentes e alumnos foron dende sempre protagonistas na producción de contidos e aprendizaxes significativos coma por exemplo os que deron na aparición da Web 2.0, en canto ás metodoloxías innovadoras coas que enlaza o artigo que referencio, non acabo de entender en que medida unha presentación de Power Point pode contribuir a mellorar a calidade dos coñecementos adquiridos, se ben admito que efectivamente pode ser útil para a difusión sexa cal sexa a calidade do contido.
Indudablemente os contidos informativos almacenados en formato dixital, permiten unha maior manexabilidade, e o feito de que a tendencia sexa cara este tipo de almacenamento fai necesario formar ós individuos en este sentido.
Para rematar, cunha reflexión anacrónica, tal vez, pregúntome se deixa de ser importante a interacción humana directa nos procesos de intercambio alumn@-mestre, alumn@-alumn@, tan útiles para o desenvolvemento da competencia social e ciudadana, que tamén recollen as ensinanzas mínimas establecidas para a E.S.O.

Chuzame! chuzame -