[ View menu ]

Epistemoloxía da Información

"Provisionalmente -e a título de ilustración de estas reflexións- ocúrresenos establecer as seguintes hipóteses, que poden orientar a investigación:
• os medios inflúen na percepción do mundo fragmentado.
• nesa percepción o mundo entrégase, como coñecemento, ordenado nunha taxonomía etnocentrista e etnocentrada;
• nesa taxonomía, resulta privilexiado o próximo, segundo quere o axioma da Proxémica, segundo o cal o mais cercano é mais relevante ca o máis alonxado;
• o devandito axioma, que se cumpre nalgúns casos, resulta habilmente violado pólas estratexias do medio, que conseguen, mediante a espectacularidade e as técnicas de interese humano, facer pesar tanto o alonxado coma o próximo –no espíritu do suxeito receptor- e o irrelevante coma o relevante;
• a aceptación acrítica de taxóns e fronteiras no espacio perceptivo dos medios –que reproducen un estado de cousas arcaico- encontra lexitimidade e “quinta columna” nunha construcción previa á comunicación social, e que a comunicación social, lonxe de contrariar ou defraudar, confirma e reproduce: é a formación do suxeito receptor como suxeito colectivo nacional, desagregado e enfrontado ó resto da humanidade, como grupo diferenciado e privilexiado;
• esa desagregación queda consagrada na orde dos signos, desde as categorías de “nacional-internacional”, que organizan aquel espacio perceptivo en torno a un “dentro” e un “fóra”;
• nese estado de cousas dificilmente cambiará se non se produce un cambio na orde previa da construcción do suxeito receptor.

...
Deste xeito, proporcionará, ós organismos comunitarios, ós Estados, é os medios de comunicación, pistas para un cambio na orientación da atención"...

Francisco J. Del Rey Morató. Epistemología de la Información. El método científico
Ed. Fragua 1989
ISBN: 84-7074-061-X
Pax. 243...280

Chuzame! chúzame -

0 Comentarios

No comments

RSS feed Comments | TrackBack URI

Write Comment

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>