[ View menu ]

Interacción virtual

"Dacordo coa hermenéutica existencial, o ser humano non é un buscador solitario tratando de alcanzar a outros ou ó mundo exterior desde o seu cerebro, senón que existe-no-mundo-con-outros. Dentro deste mundo aberto de posibilidades unha persoa encontra a outra e comparte cousas e asuntos, desenvolvendo en toda a súa variedade e complexidade o que Hannah Arendt chama "a rede das relacións humanas" ("web of human relationships") (Arendt 1970, p. 183-184). Ó fixarse unha parte do trasfondo dunha comunidade nunha base de datos o interrogador pode comparar as súas preguntas co mencionado trasfondo. Neste caso, o que Gadamer chama "fusión de horizontes" (Gadamer 1975) é unha descripción non sólo da situación da interpretación dun texto en xeral, senón tamén e aínda en forma máis precisa do proceso dinámico que ocurre durante o diálogo en línea.

Podemos considerar ó proceso de almacenamento e recuperación da información baixo un punto de vista hermenéutico como a articulación da relación entre a apertura existencial ó mundo do interrogador, os seus distintos horizontes de pre-comprensión abertos e compartidos socialmente e o horizonte prefixado do sistema. O proceso de búsqueda de información é básicamente un proceso de interpretación que ten que ver co contexto vital e o trasfondo do interrogador e o de aquelos que almacenan diferentes tipos de expresións lingüísticas que teñen un significado dentro de contextos de comprensión fixos como son un thesauro, palabras claves e esquemas de clasificación."

Chuzame! chuzame -

2 Comentarios

  1. jose says:

    http://griho.udl.es/ipo/index.html

    2007-03-28 @ 5.23 pm

  2. jose says:

    Esta anotación ten que estar máis cerca.

    2008-06-05 @ 2.28 pm

RSS feed Comments | TrackBack URI

Write Comment

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>