Semiótica cultural
"O neno descubre o acto gráfico elemental (jfr.Gibson 1978; 1980; Lurçat 1974) cando o seu interés cambia do movemento manual como tal ás pegadas que estos movementos deixan nun papel ou en outro soporte cando a man sostén un lápiz e o lápiz se apoia contra o papel. Máis adiante o acto gráfico divídese en dúas líneas de desenvolvemento completamente diferentes: unha parte da súa adquisición adéstrase pola representación dunha cantidade limitada de líñas e curvas que chamamos letras; outra parte disfruta un pouco máis dunha liberdade relativa, ó menos hasta que aparece o difamado estadio de realismo dos pedagogos. Con unha das metáforas más antigas do mundo da computación dise que a escrita é dixital (e tamén -índa que menos evidente para o lego- o idioma falado) mentras que a imaxe é análoga. Con eso non se quere dicir que por regla a imaxe sexa icónica, é dicir, igual ó que representa, senón que é continua, tal como a realidade -e tal como o é unha esfera tradicional do reloxio, a diferencia do indicador de cifras do reloxio a cuarzo.
...
Como tódalas imáxes sintéticas, a realidade virtual precede ó seu (eventual) referente. Pero esta ten (eventualmente) un referente; non é un. Hasta aquí perdura a experiencia do carácter do signo; de algo dado directamente que non é temático e que apunta a algo indirectamente dado que forma o tema (jfr. Sonesson 1989a, I.2.5, I. 4.2; 1992). Pero o límite entre o signo e a realidade é pouco claro. Ó final queda sólo a apariencia. Dixit Baudrillard, sendo él mismo unha parte da apariencia". Semiótica cultural da sociedade de imaxes
chúzame - 