Monthly Archive Marzo, 2007
Buscadores para nenos
Parece que a internet e os productos da internet foron pensados por adultos para un público adulto. Agora mentres se fala de TICs nas aulas imos descobrindo que os sistemas de navegación teñen notables deficiencias de usabilidade para os nenos.
Hai dous días Catuxa reflexionaba sobre un buscador para nenos, inda que discrepo no que se refire á metafora do zoo por aquelo de non saber quen é o que está na xaula é quen é o observador, concordo con ela en que é preciso revisar o deseño, os productos e as ferramentas para adaptalos ós usos da educación infantil.
Aínda que se cadra, actuando en outra liña menos restrictiva ca o zoo-lóxico (e polo aquel de evitar a censura e limitar a información á que poden ter acceso), os contidos poderían ser autocategorizados conforme a distintos niveles de lectura, do mesmo xeito que os xoguetes e outros productos.
A través do texto de Catuxa chego ata NSU un artigo titulado para quen deseñamos no que se fala de como len os nenos ou dende outra perspectiva de que forma captar a atención dun receptor infantil. No caso da educación a comunicación debe ter en conta ademáis outra pregunta relevante para que deseñamos e de xeito permanente a pregunta referente será con que efectos.
* Resultados devoltos por zoo para Carlos V
chuzame - Trina Davis
Trina Davis é membro de ISTE e os 100 o organismo que elaborou os estándares na área do uso de tecnoloxía no ensino a aprendizaxe, e as destrezas que necesitarán profesores e alumnos para funcionar no Século XXI (Mackencie).
As pautas van tomando forma mentres os tecnófilos, posturas intermedias, e tecnófobos, discuten na rede.
Exisisten determinismos tecnologicos que hay que condenar, por un lado los "tecnofilos", miran con optimismo el futuro y ven mas beneficios que problemas tambien conocidos como integrados . Por otro lado los "tecnofobos", tienen una aproximacion mas bien critica con variado grado de reservas, incluso algunos con un acentuado pesimismo y hasta rechazo, son a veces denominados apocalipticos. Los conceptos de apocalipticos e integrados fueron introducidos por Humberto Eco
La educación no es ajena a la permanente mutabilidad. Pareciera que todos estamos de acuerdo en permitir/promover la introducción de medios tecnológicos para la enseñanza en los distintos niveles de la educación formal. Sin embargo, la pregunta que aún no hemos respondido es "Tecnología: ¿para qué?" Digo, si los que creemos que la computadora favorecerá el proceso educativo nos formuláramos la pregunta, seguramente las respuestas serían variadas.
Una nueva religión recorre el mundo como un espectro. Confía en el 'progreso' a ojos ciegos, cree en el poder liberador de la ciencia y la técnica. Está creando comunidades utópicas de creyentes puritanos que fundan ciudades virtuales en Internet. Es el fantasma del digitalismo, una religión embrionaria que aparece denunciada como la enésima superstición en La nueva ciudad de Dios (Siruela), un libro de Andoni Alonso e Iñaki Arzoz que reclama la creación de un foro en el que discutir y actuar frente a las consecuencias mitificadoras de las nuevas tecnologías.
As miñas próximas lecturas se cadra axudanme a definirme.
http://humanitas.cl/biblioteca/articulos/d0057/
http://www.observatoriodigital.net/bol235.htm
chuzame - A etapa infantil en peligro de extinción
Veño de ler un texto que me propuña Daniel Martí que me resulta interesante comentar aquí o texto Las niñas sexis de Armani e idem (II) no que se establece un debate entorno á sexualización da nenez en este caso o debate desátase por unha liña junior de ARMANI para nenas, aínda que non é o único. Productos coma o chocolate -Placer Adulto de Chocolates VALOR- por exemplo publicitanse a través de mensaxes (dirixidas a, e protagonizadas por nenas menores) cun alto contido sexual. A elección deste tipo de estímulos na mensaxe non se fai de xeito gratuito ou casual, senón que se fundamenta en coñecementos empíricos obtidos de multiplicidade de estudios de psicoloxía (percepción, motivación, aprendizaxe...), socioloxía, teoría da organización...
Segundo a teoría da personalidade de Bandura parece ser que os nenos reproducen completamente o comportamento dos modelos ós que están expostos, as súas actitudes, inflexións de voz, forma de vestir, falar, etc. A exposición a este tipo de estímulos incidiría en que os roles propostos a través dos medios de comunicación sexan imitados e por tanto desenvolvidos a idades máis precoces.
O título da anotación tomeino de Mariluz Barrera, quen opina que na actualidade parece primar un interés en incorporar e involucrar á infancia demasiado pronto na problemática da vida adulta, cousa que dalgún xeito constitúe unha privación da vivencia experiencial libre da etapa vital infantil.
Esta reflexión devólveme ó tema das TIC na educación e ó fío das preguntas dunha entrada anterior:
¿A quen vai dirixida a educación dixital e con qué obxectivos? e ¿Cómo vamos a lograr que a través das TIC o alumno constrúa o coñecemento e obteña o aprendizaxe requerido?
chuzame - Felicidade Lingüística
Esta frase resultoume divertida, alegróume a tarde hoxe.
Austin é especialmente cachondo, xa que introduce o concepto de “felicidade lingüística”… pero esa é outra historia, e deberá ser contada en outra ocasión.
En castelán a petición da autora:
Austin es especialmente cachondo, ya que introduce el concepto de “felicidad lingüística”… pero esa es otra historia, y deberá ser contada en otra ocasión.
Esto é algo que me resulta gracioso tamén:
"Según Paul Watzlawick, existen 5 axiomas en su teoría de la comunicación entre dos individuos. Si uno de estos, por alguna razón, no funciona, la comunicaión puede fracasar:
...(Gattaca)"
Según Watzlawick, existen 5 axiomas en su teoría de la comunicación entre dos individuos. Si uno de estos, por alguna razón, no funciona, la comunicación puede fracasar:
...(Wikipedia)
¿Quere isto significar que segundo outr@s hai máis ou menos de 5 cinco axiomas na teoría da comunicación (humana) entre dous individuos de Watzlawick?
chuzame - Reflexións desde a perspectiva pedagóxica
Ó fío da reflexión na aplicación das TIC na educación Comunidades de aprendizaje y educación digital: Reflexiones desde una perspectiva pedagógica de la comunicación outro dos relatorios presentados no IX Congreso Ibercom contextualiza o discurso de xeito reflexivo entorno a unha serie de cuestións que me alegra profundamente ver formuladas.
"¿Quen son e qué formación teñen os tutores e supervisores? ¿Quenes elaboran os materiais didácticos e planifican os sistemas de apoio, e con qué criterios? Ou sinxelamente, ¿a quen vai dirixida a educación dixital e con qué obxectivos?
¿Cómo vamos a lograr que a través das TIC o alumno constrúa o coñecemento e obteña o aprendizaxe requerido?
¿Cal é o medio tecnolóxico idóneo? ¿Cal é o código que manexan os estudiantes a quen vou a dirixirme?
¿Cómo se debe realizar o diseño educativo e os materiales didácticos para que se de e se constrúa o coñecemento autodirixido dos alumnos? ¿Cal debe ser o proceso de evaluación que debemos seguir?"
As preguntas, son as chaves da aprendizaxe, o billete que nos permite subir a un transporte colectivo gratuito con destino ó coñecemento. As preguntas de cotío (non me atrevo a dicir sempre) son máis informativas ca as afirmacións, sempre máis constructivas, máis motivadoras, máis significativas e teñen maior capacidade evolutiva. Nacen, medran, reprodúcense, morren e incluso resucitan cada vez que son invocadas.
¿Poderíamos educar e formar mentes cun sistema invertido no que o alumno debera aportar tódalas preguntas que se lle poidesen facer a un obxecto ou tan solo aquelas que el mesmo quixera formularlle?.
Afirmación vs. Pregunta
chuzame - un espacio de interrelación para reflexionar
Profesorado, escuela y Web 2.0, un espacio de interrelación obligado baixo este título recóllese o relatorio dos profesores Javier Barquín Ruiz e Manuel Fernández Navas no IX Congreso Ibercom.
Resulta complicado ler o texto e detectar a línea que pretende mostrar ou a proposta adaptativa para as novas tecnoloxías á educación. Atopo o discurso decididamente desestructurado e pouco claro na exposición.
Extraio da lectura que os relatores consideran positivo e necesario adaptar a educación ás novas tecnoloxías aínda que recoñecen que existe grande dificultade para conseguilo, debido maiormente á reticencia dos docentes a aplicar as novas tecnoloxías (fundamentadas na escasa formación dos mesmos e a dificultade de xestión do curriculo), o inclumplimento das expectativas en materia de infraestructura tecnolóxica, e a consolidación dun método claro para a implementación das TIC na aula.
"El profesorado necesita conectar con un público que demanda otros estilos de aprendizaje..."
Dende que observo o debate sobre a introducción das TIC na educación non teño constancia real dunha demanda manifesta por parte do alumnado para ser extrictos deberíamos plantexar a cuestión doutro xeito afirmando que parte da comunidade de educadores, comunicadores e administracións consideran a necesidade de aplicar as novas tecnoloxías ó ensino.
Os autores citan en unha parte do discurso a Pérez Gómez:
“ la economía del conocimiento requiere que la información circule por todas partes, convirtiéndose en mercancía. Pero esta información que circula es información no elaborada, sin contrastar, información que no está sometida al debate, a la revisión. El conocimiento es un escalón superior. Es dar sentido, contrastar, revisar, valorar y elaborar esa información. Y, esa, debe ser una de las principales tareas de la escuela: dar herramientas a los alumnos/as para transformar la información en conocimiento”.
Non entendo moi ben se trata de introducir un novo argumento no discurso citando a este autor ou desvirtuar o valor das informacións ás que o alumno pode ter acceso a través da rede. Dende o meu punto de vista o autor citado argumenta sobre a circulación da información como unha mercancía nun sentido económico máis ca educativo e por outra banda considero que a transformación da información en coñecemento so pode producirse nunha ferramenta que os alumnos teñen de seu: o cerebro. Concordo con César Coll e Isabel Soler en "Aprendizaje significativo y ayuda pedagógica" (Cuadernos de Pedagogía, 168 16-20) en que a aprendizaxe non debe ser asimilada á acumulación de información e non debemos esquecer que é non se acuñaría o termo xeración copiar e pegar sen a contribución da tecnoloxía informática.
Con respecto ó punto relativo ós mestres fálase de:
"docente que tradicionalmente ha sido entendida bajo determinados rasgos: docente como administrador y “propietario” del conocimiento, exposición magistral de contenidos (sobre todo en Secundaria), trabajo con papel y lápiz del alumno, seguimiento del libro de texto, cuaderno de actividades del alumno, etc".
Se ben se admite a existencia desta figura tamén se reconocen outros modelos educativos non autoritarios en épocas bastante alonxadas das novas tecnoloxías, podemos afirmar que o feito de non usar internet na aula non implica necesariamente un modelo educativo autoritario e incluso que o uso das TIC nas aulas non garantiza un modelo non autoritario en verbas dos propios autores:
"Parece que actualmente el ordenador es visto por el profesor como un medio de reforzar su discurso. Hace falta potenciar lo colaborativo".
Con respecto ó uso de portales "que facilitan al profesorado contenidos, gráficos, mapas e incluso ejercicios de autocorrección sobre toda una materia y para el curso escolar completo", considero que o profesor debe estar cualificado e ter liberdade para elixir e elaborar el mesmo os materiais cos que ensinar ó alumno.
Por outra banda voltando á aprendizaxe significativa e tratando o tema da capacitación dos docentes en TIC coincidimos en que os "alumnos saben manejarse mejor y conocen todos los trucos" e cito de novo a Coll e Solé:
"Sin menospreciar en absoluto la importancia del nivel evolutivo, de lo dicho hasta aquí se infiere que la capacidad del alumno para aprender significativamente un nuevo contenido está en gran parte determinada por sus experiencias previas de aprendizaje -entre las cuales las que se han producido en el contexto escolar ocupan ocupan sin duda un lugar destacado (e aquí discrepo para o caso que nos ocupa)-y por los conocimientos adquiridos en el transcurso de los mismos".
Considero neste sentido que existe grande dificultade para que os mestres con menos coñecementos ca os alumnos poidan inducilos a un salto cognitivo e por tanto que a reticencia dos mestres está fundamentada na responsabilidade e non na irresponsabilidade como se pretende apuntar. Dende o meu punto de vista, parece claro que o argumento para aplicar as novas tecnoloxías á educación non é ensinar ós ós nenos a manexar operativamente as tecnoloxías cousa que xa saben facer mellor ca os adultos.
O profesor Hueso Montón, no seu artigo "Los medios audiovisuales y el hombre al final del siglo" fala do que Román Gubern denomina "iconosfera" ou ecosistema cultural baseado nos intercambios que se dan entre os medios de comunicación, e entre estes e as audiencias, esta iconosfera forma parte do medio ambiente no que se desenvolve o ser humano e o neno debe coñecelo do mesmo xeito que coñece o espacio natural, ou as linguas.
Segundo Hueso:
"Se por unha parte constatamos que o home se atopa sometido á presenza de todo tipo de imaxes en moi diversos momentos da súa vida cotiá (publicidade, prensa gráfica, cómics, televisión, cine, etc.) as cales lle van transmitindo mensaxes moi diversas, parecería lóxico que de xeito paralelo se lle facilitara unha serie de medios para poder interpretar esas imaxes en toda a súa profundidade.
Un dos contrasentidos máis xigantescos en que caiu a sociedade contemporánea foi non facilitar ós seus nenos e xóvenes os medios adecuados para poder valorar esas imaxes con que conviven; ensínaselle a interpretar a palabra escrita, pero non se lles dan os rudimentos mínimos para "ler" as imaxes".
Concordo con estas afirmacións e coa necesidade de incorporar as TIC ós coñecementos que forman parte do curriculo infantil e sen embargo invítome á reflexión (que poden compartir comigo se o desexan) con un apuntamento de Jöel Brée:
"Os resultados que se desprenden dun tratamento da información por un individuo dependen máis ca nada da calidade da interacción que se exercerá entre a natureza dos datos que hai que considerar e as aptitudes estratéxicas da persoa que opera. Para mellorar estos haberá que procurar actuar conxuntamente sobre os dous eixos." (Los niños, el consumo y el marketing. Paidós Comunicación)
Humildemente a Carlos Casares no 5º aniversario da súa morte
chuzame - Análise de contido
"A acción propagandística, a través do cinematógrafo, foi notablemente impulsada polo governo de Estados Unidos de América. Xa se convertiron en famosísimas a tarea de Frank Capra e a serie documental Why We Fight para explicar ás tropas norteamericanas as causas do conflicto, os motivos da participación norteamericana e as características fundamentais dos seus aliados e inimigos (cfr. Culbert,1983: 1873-191). En 1948 publicáronse os primeiros estudios que Shils e outros levaron a cabo para medir a eficacia das películas na tarea que se lles tiña encomendado (cfr. Shils e Janowitz, 1948: 300-306 e 308-315).
Nestas datas iniciais de investigación había un interés fundamental polo estudio dos efectos consecuencia do uso e consumo de medios. Identificábase por eso analizar o contido mediante técnicas cada vez máis depuradas e descobrir como se pode configurar a mente dos destinatarios. Por tanto, a técnica quedou asociada a uns intereses concretos e unha finalidade determinada: o uso propagandístico da comunicación."
Mª Rosa Berganza Conde en José A. Ruiz San Román Coord. Investigar en Comunicación. Guía práctica de métodos y técnicas de investigación social en comunicación. Pax. 209. McGraw-Hill/Interamericana de España, S.A.U. Madrid, 2005. ISBN: 84-481-9825-5
chuzame - A mirada configura o discurso
"A mirada instáurase como un obxecto fundamental na conformación do psiquismo. A mirada non é únicamente a función do ollo como visión, como órgano, pois a súa orixe é a non correspondencia entre o obxecto (ollo) e a pulsión (mirada); por eso a diferencia dos demáis obxectos non aparece como tanxible e sábese dela polos seus efectos. O ollo, ademáis de ser o aparato coordinador do espacio, é un organizador pulsional, en tanto é asentamento para as posteriores identificacións do suxeito e permite a estructuración do corpo a partir da súa articulación coa linguaxe. A mirada está chea de significacións e abre a dimensión da reciprocidade: ver – ser visto; é o que Lacan denomina afán de ver e de facerse ver, pulsión escópica, nunca satisfeita que ten aparentemente unha meta pasiva, pero é activa desde o comezo cando o neno busca facerse ver pola nai. Desde entonces, a mirada deixa de ser algo numerable e convértese nunha instancia permanente, nunha pulsión que insiste, que pugna, que empuxa, que actualiza o feito de que toda relación co outro esté marcada pola necesidade de recoñecemento: ser para e polo outro, e existir na súa aceptación.
A dimensión imaxinaria na que se move a mirada, actualízase en cada encontro co outro, máis aínda cuando ese outro é un grupo de miradas: suxeitos que queren ver e, dalgunha maneira, facerse ver". Etnografía unha Visión desde a Orientación Analítica"
chuzame -