Reflexións desde a perspectiva pedagóxica
Ó fío da reflexión na aplicación das TIC na educación Comunidades de aprendizaje y educación digital: Reflexiones desde una perspectiva pedagógica de la comunicación outro dos relatorios presentados no IX Congreso Ibercom contextualiza o discurso de xeito reflexivo entorno a unha serie de cuestións que me alegra profundamente ver formuladas.
"¿Quen son e qué formación teñen os tutores e supervisores? ¿Quenes elaboran os materiais didácticos e planifican os sistemas de apoio, e con qué criterios? Ou sinxelamente, ¿a quen vai dirixida a educación dixital e con qué obxectivos?
¿Cómo vamos a lograr que a través das TIC o alumno constrúa o coñecemento e obteña o aprendizaxe requerido?
¿Cal é o medio tecnolóxico idóneo? ¿Cal é o código que manexan os estudiantes a quen vou a dirixirme?
¿Cómo se debe realizar o diseño educativo e os materiales didácticos para que se de e se constrúa o coñecemento autodirixido dos alumnos? ¿Cal debe ser o proceso de evaluación que debemos seguir?"
As preguntas, son as chaves da aprendizaxe, o billete que nos permite subir a un transporte colectivo gratuito con destino ó coñecemento. As preguntas de cotío (non me atrevo a dicir sempre) son máis informativas ca as afirmacións, sempre máis constructivas, máis motivadoras, máis significativas e teñen maior capacidade evolutiva. Nacen, medran, reprodúcense, morren e incluso resucitan cada vez que son invocadas.
¿Poderíamos educar e formar mentes cun sistema invertido no que o alumno debera aportar tódalas preguntas que se lle poidesen facer a un obxecto ou tan solo aquelas que el mesmo quixera formularlle?.
Afirmación vs. Pregunta
chuzame - 