[ View menu ]

Reflexións desde a perspectiva pedagóxica

Ó fío da reflexión na aplicación das TIC na educación Comunidades de aprendizaje y educación digital: Reflexiones desde una perspectiva pedagógica de la comunicación outro dos relatorios presentados no IX Congreso Ibercom contextualiza o discurso de xeito reflexivo entorno a unha serie de cuestións que me alegra profundamente ver formuladas.

"¿Quen son e qué formación teñen os tutores e supervisores? ¿Quenes elaboran os materiais didácticos e planifican os sistemas de apoio, e con qué criterios? Ou sinxelamente, ¿a quen vai dirixida a educación dixital e con qué obxectivos?
¿Cómo vamos a lograr que a través das TIC o alumno constrúa o coñecemento e obteña o aprendizaxe requerido?
¿Cal é o medio tecnolóxico idóneo? ¿Cal é o código que manexan os estudiantes a quen vou a dirixirme?
¿Cómo se debe realizar o diseño educativo e os materiales didácticos para que se de e se constrúa o coñecemento autodirixido dos alumnos? ¿Cal debe ser o proceso de evaluación que debemos seguir?"

As preguntas, son as chaves da aprendizaxe, o billete que nos permite subir a un transporte colectivo gratuito con destino ó coñecemento. As preguntas de cotío (non me atrevo a dicir sempre) son máis informativas ca as afirmacións, sempre máis constructivas, máis motivadoras, máis significativas e teñen maior capacidade evolutiva. Nacen, medran, reprodúcense, morren e incluso resucitan cada vez que son invocadas.

¿Poderíamos educar e formar mentes cun sistema invertido no que o alumno debera aportar tódalas preguntas que se lle poidesen facer a un obxecto ou tan solo aquelas que el mesmo quixera formularlle?.

Afirmación vs. Pregunta

 

Chuzame! chúzame -

2 Comentarios

  1. dan3 says:

    coincido en que la esperanza de una construcción “autogestionaria” del conocimiento en un grupo, no tiene fundamento ni para Freire. Menos la confianza tecnológica. Sin embargo la tecnología puede ampliar y mucho, el impacto de una buena docencia y de una buena construcción grupal.
    saludos

    2007-03-17 @ 5.53 pm

  2. jose says:

    Saúdos Dani.
    Concordo contigo en que as TIC poden ampliar o impacto dunha boa docencia e dunha boa construcción grupal, aínda que me pregunto que parte de responsabilidade ten a tecnoloxía e que parte lle corresponde á boa docencia e ó grupo nos feitos.
    Paréceme que o triángulo tecnoloxía, docencia, grupo adoptará formas diversas dependendo das características propias de cada un dos elementos. Pero cando se fala de construcción grupal e sobre todo construcción do coñecemento estamos sometendo ó individuo e na parte da que eu intento observar o individuo é un neno ou unha nena cognitivamente distinto ó adulto construíndo ademáis un autoconcepto de si mesmo en relación co grupo no que se desenvolve e sometido a evaluación por outros.

    http://educacion.idoneos.com/index.php/290431

    2007-03-19 @ 5.12 pm

RSS feed Comments | TrackBack URI

Write Comment

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>