- Trina Davis » »
- « « Felicidade Lingüística
A etapa infantil en peligro de extinción
Veño de ler un texto que me propuña Daniel Martí que me resulta interesante comentar aquí o texto Las niñas sexis de Armani e idem (II) no que se establece un debate entorno á sexualización da nenez en este caso o debate desátase por unha liña junior de ARMANI para nenas, aínda que non é o único. Productos coma o chocolate -Placer Adulto de Chocolates VALOR- por exemplo publicitanse a través de mensaxes (dirixidas a, e protagonizadas por nenas menores) cun alto contido sexual. A elección deste tipo de estímulos na mensaxe non se fai de xeito gratuito ou casual, senón que se fundamenta en coñecementos empíricos obtidos de multiplicidade de estudios de psicoloxía (percepción, motivación, aprendizaxe...), socioloxía, teoría da organización...
Segundo a teoría da personalidade de Bandura parece ser que os nenos reproducen completamente o comportamento dos modelos ós que están expostos, as súas actitudes, inflexións de voz, forma de vestir, falar, etc. A exposición a este tipo de estímulos incidiría en que os roles propostos a través dos medios de comunicación sexan imitados e por tanto desenvolvidos a idades máis precoces.
O título da anotación tomeino de Mariluz Barrera, quen opina que na actualidade parece primar un interés en incorporar e involucrar á infancia demasiado pronto na problemática da vida adulta, cousa que dalgún xeito constitúe unha privación da vivencia experiencial libre da etapa vital infantil.
Esta reflexión devólveme ó tema das TIC na educación e ó fío das preguntas dunha entrada anterior:
¿A quen vai dirixida a educación dixital e con qué obxectivos? e ¿Cómo vamos a lograr que a través das TIC o alumno constrúa o coñecemento e obteña o aprendizaxe requerido?
chuzame - 
Artículo el país
Resolución autocontrol
Comentario resolución
Bebés y más
La nacional
La voz de Asturias
Mujeres en la blogosfera
El Diario Montañés
Máis
2007-05-03 @ 3.31 pm
[...] En datas anteriores falabamos do caso Armani pódese ver a resolución de Autocontrol, parece que o anuncio non vulnera norma legal ou deontolóxica algunha. Eu pola miña parte quería contar que a fin de semana pasada de madrugada, emitíase unha das películas de Lassie, non sei se vos acordades daquel can; o caso era que se me ocurriu quedar a vela para recordando facer unha comparativa entre os modelos que se nos propoñían na miña infancia e os modelos que se lle propoñen as nenas e nenos hoxe en día. Atopei un abismo que non sei a que se debe, tería que analizalo con maior detalle, ou escoitar opinións se alguén me fai o favor. [...]
2007-05-18 @ 1.14 pm
Este pagina es bien…
2007-07-11 @ 1.07 pm
Gracias, Bar m
2007-07-12 @ 1.19 pm