[ View menu ]

Buscadores para nenos

Parece que a internet e os productos da internet foron pensados por adultos para un público adulto. Agora mentres se fala de TICs nas aulas imos descobrindo que os sistemas de navegación teñen notables deficiencias de usabilidade para os nenos.
Hai dous días Catuxa reflexionaba sobre un buscador para nenos, inda que discrepo no que se refire á metafora do zoo por aquelo de non saber quen é o que está na xaula é quen é o observador, concordo con ela en que é preciso revisar o deseño, os productos e as ferramentas para adaptalos ós usos da educación infantil.
Aínda que se cadra, actuando en outra liña menos restrictiva ca o zoo-lóxico (e polo aquel de evitar a censura e limitar a información á que poden ter acceso), os contidos poderían ser autocategorizados conforme a distintos niveles de lectura, do mesmo xeito que os xoguetes e outros productos.

A través do texto de Catuxa chego ata NSU un artigo titulado para quen deseñamos no que se fala de como len os nenos ou dende outra perspectiva de que forma captar a atención dun receptor infantil. No caso da educación a comunicación debe ter en conta ademáis outra pregunta relevante para que deseñamos e de xeito permanente a pregunta referente será con que efectos.

* Resultados devoltos por zoo para Carlos V

Chuzame! chúzame -

2 Comentarios

  1. Catuxa says:

    Grazas pola mención e sobre todo porque grazas a ela puiden descubrir o teu blog, cunha temática de “rabiosa actualidad” (como dicen nos medios cotillosos da tv) sobre todo nestes tempos nos que parece que se está dando un pulo a educación e a cultura para os mais pequenos.

    2007-03-28 @ 4.07 pm

  2. jose says:

    Recibo as gracias por cortesía atávica.
    Se te mencionei, foi porque se me fixo preciso e útil.

    2007-03-28 @ 4.15 pm

RSS feed Comments | TrackBack URI

Write Comment

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>