[ View menu ]

Un pouco de Autocontrol

Andaba a revisar o informe anual e a memoria 2006 de Autocontrol. Parece que a sociedade participa de xeito activo na regulación ética da publicidade, o 64% das reclamacións presentadas teñen a súa orixe nos propios consumidores é unha porcentaxe significativa.

Dos 179 casos reclamados 31 teñen como motivo principal a protección de nenos e adolescentes, se lle agregamos aquelas reclamacións referidas códigos sectoriais tales coma o do xoguete (16) e alimentos e menores (8), sen entrar en detalles eu diría que fan un total de 55 casos.

As consultas previas sobre a adecuación e corrección dos anuncios antes da emisión ou Copy Advice, desaconsellou a emisión ou recomendou modificacións en 915 ocasións por cuestións de Protección de Menores os motivos foron:

1.- Publicidad dirixida a menores* 368
2.- Limitacións horarias ou de medio en publicidade non dirixida a menores 533
3.- Aparición de nenos en situación de perigo 14
* Motivos: inducción a error sobre as prestacións ou características do producto, utilización de famosos como prescriptores, incitación á violencia, comportamentos antisociais, abusos, ou conductas agresivas. (Informe anual pax. 15)

Das consultas sobre anuncios dirixidos a nenos que ían ser emitidas en televisión, desaconsellóuse a emisión para 78 das mensaxes observadas.

copy-advice-tv.jpg

En datas anteriores falabamos do caso Armani pódese ver a resolución de Autocontrol, parece que o anuncio non vulnera norma legal ou deontolóxica algunha. Eu pola miña parte quería contar que a fin de semana pasada de madrugada, emitíase unha das películas de Lassie, non sei se vos acordades daquel can; o caso era que se me ocurriu quedar a vela para recordando facer unha comparativa entre os modelos que se nos propoñían na miña infancia e os modelos que se lle propoñen as nenas e nenos hoxe en día. Atopei un abismo que non sei a que se debe, tería que analizalo con maior detalle, ou escoitar opinións se alguén me fai o favor.

Hoxe, quería enviarlle un saúdo a Victoria Filgueira de A Coruña, que fixo 86 programas do tirón en Saber y Ganar.Noraboa Victoria.

Chuzame! chuzame -

0 Comentarios

No comments

RSS feed Comments | TrackBack URI

Write Comment

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>