Un principio, un fin
Los hombre son hombres, antes que médicos, ingenieros o arquitectos.
La educación deberá hacer de ellos hombres honestos sensatos y capaces, y ellos con el tiempo se transformaran en médicos, ingenieros y arquitectos, honestos sensatos y capaces.
Jhon Stewar Miller
Gustoume a frase coa que Guillermo Cardona Ossa encabeza o seu artigo Tendencia educativas para el siglo XXI. Fala de intelixencias múltiples, aprendizaxe, tecnoloxía e curriculos flexibles.
A semana pasada asistín ás VII Jornadas de Comunicación y Protocolo ferramenta da excelencia. A excelencia, coma calquer outro valor simbólico, responde a contextos culturais concretos, resúltame imposible admitir que nunha sociedade que cambia a ritmo frenético, -na que en pouco tempo alguén dirá que o futuro foi onte todos o creeremos e nos preguntaremos ¿onde estamos?-, se poidan establecer protocolos útiles, a menos que estos se constrúan coa textura da goma de mascar, con material de usar e tirar que por suposto sexa biodegradable ou susceptible de ser reciclado sen custe medioambiental.
A atención excesiva ó protocolo axúdanos a esquecer que:
...a principal causa ou fonte de problemas constitúea o feito de que o cliente ou o usuario non aparece por parte algunha no organigrama da empresa e os funcionarios, que normalmente están máis cerca de quen é a razón de ser dos negocios, son usualmente insignificantes puntos no organigrama (curiosamente e como é tradicional, a parte máis alta é importante de tal organigrama ocúpana os que están máis lonxe do cliente pero máis cerca da nómina confidencial).
Falouse de responsabilidade social empresarial RSE; "cidadán corporativo" (teño pendente saber quen acuñou o termo), capaz de dar titulares coma este:
"El Grupo Atlas Copco intenta ser un buen ciudadano corporativo, respetando el espíritu y las leyes de los países en los que desarrolla sus actividades".
É un detalle que os "cidadáns corporativos" respecten as leis dos países nos que desevolven as súas actividades. Aínda se lles pode chamar empresas ou grupos empresariais.
Outros asistentes ás xornadas aportan outras lecturas (se cadra máis preclaras ca miña):
chuzame - 