Aínda me queda para sabelo, pero hoxe aprendín un pouco de Margarita Barretto lendo os seus Apuntes Metodolóxicos sobre Antropoloxía Urbana un traballo do ano 88 no Brasil. Fala da aventura metodolóxica:
Un dos motivos de descarta-las escolas foi que os nenos teñen recreos curtos o que impide a realización de xogos con reglas, que, en xeneral, duran máis. Outro dos motivos foi o espacio ou, mellor dito, a falla deste, pois hai moitas escolas públicas donde os patios son tan pequenos que os nenos teñen prohibido correr ou saltar.
Nun traballo menos antiguo Ciudadanía, Globalización e Migracións reflexiona sobre o individuo cada vez máis integrado no mundo e a pertenza a unha comunidade desterritorializada e as repercusións que esto ten sobre o sentimento de identidade:
que xa non se define tanto por nacionalidade senón mais ben pola pertenza a "tribus" que se constitúen independientemente da proximidade física, en torno de intereses comúns, entre eles, o consumo...
Di Barreto que a cultura xoven é un exemplo claro xa que consume ou aspira a consumir a mesma roupa, a mesma música e a mesma comida en Londres, Tokio ou Río de Janeiro. O sentido de pertenza estriba na posibilidade de ter acceso ó mesmo có grupo de referencia, tanto en materia de bens como de servicios.
Cambiando de autor reviro esta anotación de hoxe, para mañan, cun paragrafo co que rematou Jesús Martín Barbero Jóvenes: Comunicación e identidade:
Fronte a unha sociedade que masifica estructuralmente, que tende a homoxeneizar incluso cando crea posibilidades de diferenciación, a posibilidade de ser cidadáns é directamente proporcional ó desenvolvemento dos xóvenes como suxeitos autónomos, tanto interiormente como nas súas tomas de posición. E libre significa xóvenes capaces de saber ler/descifrar a publicidade e non deixarse masaxear o cerebro, xóvenes capaces de tomar distancia da arte de moda, dos libros de moda, que pensen coa súa cabeza e non coas ideas que circulan ó seu redor.
Se as políticas sobre xuventude non se fan cargo dos cambios culturais que pasan hoxe decisivamente polos procesos de comunicación e información están descoñecendo o que viven e cómo viven os xóvenes, e entonces non haberá posibilidade de formar ciudadáns, e sin ciudadáns non teremos nin sociedade competitiva na producción nin sociedade democrática no político.
E dou outra volta cunha frase que lle pareceu importante ó mesmo autor e tamén a Álvaro Ramírez Ospina de Ojo al Texto e a Diana Szarazgat Tecnocapitalismo Comunicacional: Promotor de Desigualdades
A juicio de los occidentales, el futuro está delante de nosotros. A juicio de muchos pueblos de Oceanía, el futuro reside atrás, no adelante. Para construir una cultura en la que el pasado sea útil y no coactivo, debemos ubicar el futuro entre nosotros, como algo que está aquí listo para que lo ayudemos y protejamos antes de que nazca, porque de lo contrario, será demasiado tarde.
Remato por hoxe, ata outro día, pensando que o futuro debe ser util tamén, pero non coactivo en exceso, porque nunca é demasiado tarde.
chuzame -