- ¿Qué é un neno? » »
- « « Gráfico de Teorías
Tecnoloxía e Dereito
É absolutamente inaceptable e inconcibible nun país democrático que para que un cidadán poida exercer dereitos e obrigacións sexa obrigado pola súa administración a ser cliente de empresa algunha concreta. Recíprocamente, tampouco é aceptable nin economicamente xustificable que unha Administración Pública estea obrigada a adquirir unha marca concreta para atender aos cidadáns. Para cumprir ambas as condicións con neutralidade necesítanse formatos e protocolos que así o permitan, e eses só son os denominados estándares abertos. Así, de non aprobarse a enmenda nº 6 o Estado quedará en situación de cliente cativo dunha multinacional concreta co consecuente sobrecusto e malgaste do erario.
Se levara sombreiro tería que quitalo diante do traballo que leba a cabo Agnix pola formación e divulgación do Software Libre coma medio para acadar a Alfabetización Tecnolóxica e Informática galega, eliminando no posible a actual fenda tecnolóxica.
Coincido en que é inaceptable, pero deamos un paso máis e empecemos a pensar que resulta concibible. O traballo que resta é precisamente facer que sexa inconcibible.
O post está en chuza dende hai dous días con 289 de karma e 39 chuzadas bastante por detrás desta outra de hai un día que ten 254. 28 de karma e 29 chuzadas. A mín paréceme que deberían estar máis cerca.
chúzame - 