Medios, infancia, sociedade
A percepción que ten a sociedade acerca dos nenos e adolescentes vencellados cada vez máis con situacións de violencia, reflíctese claramente na axenda dos medios. Infancia e violencia nos medios
Personalmente non acabo de decicir cal é a imaxe reflectida a que se ve nos medios, ou a que se ve na sociedade; diría que ambas.
Chomsky di que a axenda é utilizada polos gobernos xunto cos mass-media para ofrecer unha imaxe determinada da realidade; o obxectivo é manter as mentes ocupadas e preocupadas por aqueles temas que lle resultan útiles para artellar os mecanismos de creación do imaxinario colectivo e da opinión pública a través dos medios e das industrias culturais.
Donald L Shaw sitúase nunha laña similar; a súa teoría reza que como consecuencia da acción dos medio o público atende ou descoida elementos específicos dos escenarios públicos.
La selección de las noticias por parte de los medios y la credibilidad de éstos actúan, sin duda, sobre el marco en el que se establece la referencia del debate político. La selección magnifica o pone en primer plano unas cuestiones y disminuye u oculta la importancia de otras.
Segundo un artigo que publica o CNICE baixo o título Televisión.Infancia y violencia o 85% dos programas de ficción conteñen violencia. Antes de rematar o periodo de adolescencia un neno pode ter vistas máis de 13.000 mortes. A identificación, imitación, agudización, ansiedade, asociación e desensibilización son mecanismos psicolóxicos que poderían explicar a asunción de conductas violentas por parte dos máis pequenos.
Do informe Pigmalión despréndese que:
La televisión desplaza actividades de mayor contacto social, actividad física y deporte, y juego. Además, los niños que ven mucha televisión desarrollan pautas de acción menos interactivas socialmente. Se ha evidenciado una pérdida no recuperada de sueño y un incremento en las alteraciones de éste.
Fálase moito de dieta audiovisual. No epílogo do informe esgrímese unha idea que me parece fundamental:
El nombre Pigmalión hace referencia a que la televisión que tengamos para nuestros hijos es una hechura nuestra, un ideal concebido a nuestra imagen y semejanza. La nuestra, aunque cabrían otras, es una lectura de esa idea, y coloca la responsabilidad y las posibilidades en nuestras manos.
P.S. Estarei ausente nas próximas semanas, tornarei en agosto. Bo verán.
chúzame - 