[ View menu ]

Estou de volta

Retorno dun descanso se cadra inmerecido, no que transcorreu un tempo que endexamáis recuperarei para outros usos, por que lamentablemente o tempo non é acumulable e non existe forma de almacenalo,  a non ser en forma de lembranzas (de xeito que che queda coma disecado, case inútil, nocivo se temos en conta que para activar as lembranzas precisamos consumir outros tempos, tempos presentes...).

Esto, o primerio que me atopo neste blog e unha morea de pó, unha chea de enlaces a páxinas porno a modo de comentarios, pido disculpa por iso, é o que ten deixar as portas abertas. Limpei antes de sentarme.

Non me acordaba da cor destas paredes, desconectei de veras.

Pasei tempo cos meus sobriños porque algúns deles viven fóra e so podo velos nas vacacións  de verán e nadal, ás veces na semana santa. Teño dous pequenos de tres e case tres anos, neno e nena conviven moito tempo xuntos e desenvólvense á par. Resúltame moi simpática o uso que fan da linguaxe, os dous din in, iches, iu en lugar de fun, foches, foi. Non intento correxirllo porque no fondo paréceme do máis lóxico. Deberiamos facer cambios nos verbos irregulares. Incluso nas conxugacións; a proposta destes dous suxeitos que se incorporan paseniño á sociedade é apróxima-los imperfectos de tódalas conxugacións; por exemplo facibas, ou dormibas en vez de facías e dormías.

¡Estou pensando en propoñelos para a Academia da Lingua Galega!.

En fin, voltarei a ser a mesma persoa en unha ou dúas anotacións.

Vémonos. 

Chuzame! chuzame -

0 Comentarios

No comments

RSS feed Comments | TrackBack URI

Write Comment

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>