O Ribeiro, A Parresía
Eu tamén confío na reforma dos medios de comunicación, a parresía lese ás veces como cháchara ou rumor e outras veces mesmo as xentes tranquilas teñen a obriga de gritar a coro para elevar o tono e reclamar os poderes que concederon a terceiros.
A ausencia de representantes ou o seu silencio clamoroso nalgúns discursos sociais, a min (incrédula para según que cousas), faime dudar mesmo da composición dos consellos sociais por exemplo.
Teño no recordo aquel Decretazo, a LOU, un Non á Guerra, e Nunca Máis...
Moito me temo que no xogo os amateurs teñeno difícil contra os profesionais, máis aínda cando o imaxinario conta cos conceptos de autoridade-credibilidade e cunha estructura establecida e ningunha proposta sólida. Ninguén reparte alas nin flotadores.
Aínda que agora xogamos con máis cartas, as cartas están na baralla e pódenlle tocar a calquera e moitos somos principiantes.
¿Será realmente a 2.0 coma os bufóns do Gran Dalmuti? ¿É eso o que se lle debe dicir ós nenos cando se fan as presentacións?¿Aquí santa 2.0. Aquí o neno?.
Non sei que pensar. Se cadra a alquimia deste século deba concentrarse en convertir o ouro en pedra do Porriño que permite usos máis útiles.
chuzame - 
No son ecologistas por llevar el nombre; ni sociales los de ese apellido. Una infección de los peores sentidos de política (corrupción e inmoralidad aceptada) invade la vida social y supongo que también irán a por las redes. Por minoritario que sea, poder seguir con un discurso alternativo es un lujo del que carecen en Darfour y en países de todos los continentes. Las víctimas más dolorosas son los que no pueden jugar en las favelas del globo.
2007-09-18 @ 12.23 pm
Certo. Os síntomas agrávanse e as vacunas aínda son escasas.
2007-09-18 @ 1.12 pm