Caderno de notas. Leonardo Da Vinci
O aire está cheo de infinidade de imaxes de obxectos desparramados nel. Todos estes obxectos están representados en todos e cada un deles. Polo tanto, se dous espellos se colocan un fronte ó outro, o primeiro reflictirase no segundo e o segundo no primeiro. Agora ben, o primeiro, ó estar reflectido no segundo, léballe a súa propia imaxe xunto con tódalas imaxes reflexadas nel, estando entre estas a imaxe do segundo espello. Así continúa de imaxe a imaxe hasta o infinito, de tal xeito que cada espello ten un infinito número de espellos nel, cada un máis pequeno có último, e un dentro do outro. Con este exemplo demóstrase que cada obxecto transmite a súa imaxe a tódolos lugares onde é visible e á inversa, cada obxecto é capaz de recibir en si mesmo tódalas imaxes dos obxectos que miran cara a el.
Polo tanto, o ollo transmite a súa propia imaxe polo aire a tódolos obxectos que miran cara a el. Igualmente recibe tódalas imaxes dos obxectos, de onde "o sentido común"as recibe, as considera e confía á memoria as máis agradables.
Por iso eu sosteño que os poderes invisibles da fantasía nos ollos poden proxectarse ó obxecto, como fan as imaxes do obxecto proxectándose nos ollos.
...
Se esto fora así, sería necesario que cada obxecto se volvera rápidamente máis pequeno, porque cada obxecto se fai visible pola súa imaxe fronte a el na atmósfera; esto é, todo o obxecto en toda a atmósfera e todo en cada parte, falando desa atmósfera que é capaz de recibir as liñas rectas e radiantes das imaxes transmitidas polos obxectos. Por isa razón temos que admitir que é a naturaleza desa atmósfera a que se atopa entre os obxectos para atraer cara a ela, coma un imán, as imaxes dos obxectos entre os que está situada.
Probemos como os obxectos, colocados nunha posición están en todas partes e todos en cada unha.
Sosteño que se a fachada dun edificio, praza ou campo iluminados polo sol teñen unha casa no lado oposto, e se na fachada que non da o sol facemos un burato pequeno de forma redonda, tódolos obxectos iluminados transmitirán as súas imaxes por este burato e serán visibles dentro da casa, situada na parede oposta, que se tornará branca, e as imaxes serán exactamente as mesmas pero ó revés. Se fixeramos buratos parecidos en varios lugares da mesma parede, teriamos o mesmo resultado.
Por conseguinte, as imaxes dos obxectos iluminados están todas por todas partes da parede e todas na máis pequena. A razón é a seguinte: sabemos con toda certeza que este burato ten que dar entrada a algo de luz do edificio mentado e que esta luz procede dun ou de moitos corpos luminosos. Se estos corpos son de varias formas e cores, os raios que forman as imaxes serán de varias formas e a representación na parede será así mesmo de distintas formas e cores.
O círculo de luz que está no centro do branco do ollo está adaptado pola natureza para captar os obxectos. Este mismo círculo ten un punto que parece negro. Este é un nervio perforado, que penetra no centro de poder no interior do cal se reciben as impresións e o "sentido común " elabora os seus xuicios.
Agora ben, os obxectos que están fronte ós ollos envían os raios das súas imaxes á maneira de moitos arqueiros que tiran ó branco cunha carabina. Aquel que se atope en liña recta coa dirección do burato da carabina será o que probablemente de no branco co dardo. O mesmo sucederá cos obxectos que están fronte ó ollo. Aqueles que estén en liña recta co nervio perforado serán os que máis directamente pasen ó sentido.
Leonardo Da Vinci. Cuaderno de notas
Madrid 1982. Ediciones Busma, S.A.
ISBN: 84-7520-039-7
chuzame - 