[ View menu ]

Monthly Archive Outubro, 2007

¿Son humana?

¿Non é suficiente pertencer á especie?. ¿Que condicións debo reunir entonces?. ¿Cales das características que posúo me apartan de selo?. ¿Que carencias me apartan de ti -ou a ti de min- entonces?.

Descoñezo que ruinas de fronteiras pasadas habitan nos meus espacios e por que non dicilo, que pedras doutros muros utilicei para construir de novo outras murallas. Non sei tampouco da súa resistencia, nin da súa solidez.

A vida preséntaseme en cuadrinhos, logo cóntoa en cuadrinhos, e aínda me pregunto se a cousa é en cuadrinhos.

A pesares de todo non calo a boca, e ti que pasas ás veces por aquí, acaso por casualidade. Ti non dis nada.

Agora calarei, por un tempo pensarei outras palabras, outros temas. Poñerei unhas cousas ó lado das outras e logo tratarei de borrar os cadriños. Nas horas mortas andarei os meus espacios á procura das pedras e tratarei de xuntar as que atope. Logo xa verei que fago con elas.

Se cadra non voltamos a encontrarnos. Seremos outros.

Chuzame! chuzame -

Teño a cabeza coma un bombo

episteme3.jpgepisteme1.jpgepisteme2.jpgepisteme4.jpg

Chuzame! chuzame -

Documentos históricos

Veño de descargar un documento que fai historia, atopeino mirando pola fiestra de Masoucos e pensei que sería interesante gardar unha copia dun documento capaz de xenerar un conflicto entre os intereses dunha persoa e a liberdade de expresar opinións, que non sei como se resolve.

Leo García Jiménez no seu recente libro cita o seguinte texto de Saperas:

La Teoría de la Comunicación tiene como objeto de estudio propio el proceso de la comunicación de masas que implica una pluralidad de formas comunicativas, desde las más simples (la comunicación interpersonal) hasta las formas más complejas (la opinión pública). Si definimos la comunicación como un proceso básico podemos afirmar que se trata de un proceso que se establece entre un comunicador (agente intencional) y un receptor (agente individual, grupal, organizacional o colectivo que recibe, interpreta y retiene el mensaje) ...

A autora considera que Saperas está superando a concepción tradicional da comunicación de masas cando di "la comunicación de masas que implica una pluralidad de formas comunicativas"; eu creo que non porque di do comunicador que é un axente intencional (volitivo) característica que non lle é conferida ó receptor.

Personalmente creo que queda moito que barrer da teoría da comunicación de masas na Ciencia da Comunicación

A volición do que denomina axente intencional -paréceme a min- está moitas veces condicionada pola necesidade de encher espacios nos medios e os propios procesos de traballo. O ano pasado dicíanos Casasús nun seminario que debiamos ter esto en conta cando fixeramos un análise de contido. Na publicidade, as relacións públicas, e o xornalismo pode haber tantas incidencias e tan pesadas coma na interpersonal ou na intrapersonal.

Aquí no se salva ni Dios que dixo Blas de Otero e canta Paco Ibáñez.

Coas novas tecnoloxías construir unha imaxe pública complícase algo máis ca cos métodos tradicionais. Pasa que o receptor, elixe o que recibe, recibe , interpreta e non retén a mensaxe senón que a reinterpreta e a reelabora e a emite de novo e ahí debe haber algo de volición. Vese, no caso Yolanda Castaño que se define así e a len deste xeito e nunca esperou que esto entrara a formar parte da súa definición, pero ahí está.

Tampouco entendo a comunicación como un proceso. Dice Urrutia, e tamén o saco do libro de Leonor que me está dando moito, que "a existencia da comunidade esixe a comunicación. Para que dous homes -(esto eche cousa da historia, tamén poden ser duas mulleres, un home e unha muller... o caso é que sexan dous seres humanos)- formen unha comunidade é preciso que se teñan comunicado a través de calquera sistema de comunicación, por simple que este sexa. [...] Para que un novo membro as coñeza esas reglas é imprescindible tamén comunicarllas".

Entendo eu que a comunicación é en sí mesma e que o seu uso xenera procesos de intercambio, pero non me parece que a comunicación sexa un proceso. Claro que non son moi lista e tampouco sei demasiado, pero empezo a ter a convicción de que ser emisor ou receptor é simplemente unha cuestión práxica. Igual ca sempre, supoño. O que cambia deben de ser os protocolos, coma sempre.

Chuzame! chuzame -

Es lo que te tiene

Antes ou despois tiña que falar de ti.

A miña amiga Begoña, que sempre fala en galego soe utilizar esta frase para ironizar. Eu tamén teño costume de ironizar en castelán pero son menos ocurrente ca ela.

Non sei por que se me ocurre hoxe falar das mareas; pero o caso é que pensaba eu que se un se pon á beira do mar a un distancia relativa do nivel da auga e permanece de pe, inmóbil durante 24 horas, haberá periodos nos que a agua mollará os seus pes e periodos nos que os pés permanecerán secos. Tamén se me ocorre que o máis probable, se fai sol, é que un acabe queimado.

Esta mañá lin un texto interesante e agradable que non sei se lle interesa a alguén, pero que sin embargo -penso eu que- lle debería interesar a todo o mundo. Así que, como podo, enlazoo aquí. "Es lo que te tiene".

Algúns días, en algúns lugares sustitúese un vivenda insalubre, por ningunha vivenda e a todos nos extraña a reaccións das persoas implicadas e mesmo das que se implican e nos implican (creo lembrar que xa se falara desta cañada xa fai un tempo nun programa deses dos máis amarillos, non podería concretar cal). Algún xornalista fala de intifada e quedámonos con que o importante do desaloxo son as pedradas; aínda que Javier Baeza pense que non hai que deixar á xente na rúa e que lle pareza incongruente que unha cañada real que non é urbanizable sexa unha "zona con vistas a urbanizarse" según disque dixo a abogada do concello. Todo isto construído baixo unha arquitectura de pirámide invertida. "Es lo que te tiene".

Demos mostras de convivencia estes últimos días, velahí que nos leva traballo, pero " es lo que te tiene" que hai que ver que ben nos levamos nos congresos...
Gracias ás novas tecnoloxías da información e da comunicación podemos explicarlles moito mellor ós nenos o mundo en que vivimos e podemos confiar que unha vez que vexan con claridade a proposta que lles facemos para a ordenación da sociedade a aceptarán sin dilación, porque entenderán que é a mellor maneira de organizarse e actuar que pode ter o ser humano.
A xeneración net:

...es condición y fuente del desarrollo de un conjunto de habilidades del pensamiento, que si lo sabemos potencializar hará posible que los miembros de esta generación posean un nivel de pensamiento por el desarrollo de funciones y procesos psíquicos, como lo hemos aspirado y en poca medida logrado mediante métodos tradicionales.

E neste blog solo falo eu e ás veces non o penso moito antes. "Es lo que te tiene"

Chuzame! chuzame -

Hiperónimo: hipónimos-cohipónimos

Comunico a todo aquel que non teña constancia, que resulta ben duro non ser moi list@.

Pido desculpas, a aquelas persoas que esperan na promesa que fai o título deste blog de falar de infancia, de comunicación e de consumo. Direi no meu favor que separo con comas no título e que aínda non son quen de falar das tres cousas ó mesmo tempo.

Recoñezo ter polo menos tentado, suxerir unha progresión que non se dou polo de pronto, e que en estes momentos non só non me esforzo en executar, senón que non teño intención de seguir literalmente. Practico o salto de rá. Fago o que podo. Lamentoo se non resulta suficiente. Digoo porque non o é para min. Así que agradecería calquera tipo de axuda.

Pero ó que ía era a dicir que me disperso con calquer cousa, por exemplo:

Considero que a Comunicación é un hiperónimo de publicidade, relacións públicas, propaganda, (con certas reservas conceptuales) a información, a comunicación interpersonal e mesmo a intrapersonal -que eu penso que si ten proxección social- son hipónimos con respecto á primeira e cohipónimos entre si.
Creo que cabería falar tamén de holónimos e merónimos e mesmo de comerónimos.

Deixoo para posibles discusións e espero ter indignado a alguén o suficiente como para que os sonidos e silencios, a direccionalidade, a autoridade e calquer outro elemento da comunicación se revolvan e me fagan sufrir temporalmente algún tipo de variante emocional ou intelectual.

Eu digoche o que leo, dime ti en que me vou convertir.

Actualización: máis sobre holonimia e meronimia en Amistad Europea Universitaria:

Las operaciones de meronimia y de holonimia son tan importantes en el sistema de la lengua como las operaciones de hiponimia y de hiperonimia

Chuzame! chuzame -

Eco

Conta Pawley, que tres veciños de O Eixo deben ingresar en prisión condenados a 7 anos de cárcere.

Andan pasando cousas no mundo, unhas máis perto e outras máis lonxe.

Non sei que ten que ver en todo, algunhas mensaxes que exaltan as actitudes belixerantes ensalzando a aqueles personaxes que participan delas.

Noutrora se cadra a humanidade reescribe a historia contando as batallas como tristes sucesos nos que os homes non foron quen de saber comunicarse.

Así será como as contemos nas escolas; se cadra o próximo século.

O meu gurú nun dos seus poemas di: Que los que matan se mueran de miedo.

Chuzame! chuzame -

De cordas e vibracións

 

O Martes

A miúdo vaiseme revíraseme o pensamento ante certos estímulos, comecei a mañá botándolle un ollo á teoría de cordas por culpa de ver o programa Redes de Punset. Así mirando por riba atopo interesantes algúns artigos máis ou menos esclarecedores para aqueles que non somos físicos (científicos da física, quero dicir).

Na páxina de Strings 07 hai unha morea de enlaces para afondar (con ou sen control) no tema de camiño ata a Teoría M que parece agrupar as 5 teorías de cordas cunha onceaba dimensión.

Non andei moito o tema porque esperaba a Ricardo Mena, o meu amigo e tamén compañeiro de doutoramento. Como portador de humanidade, paréceme que Ricardo Mena viaxa cunha carga máis grande ca outros dos meus conxéneres e o caso é que me parece tamén que a porta moi ben. Un tipo duro.

CESGA
e dous días despois retomo

Hasta aquí, (un pouco menos pero non podía cortar o paragrafo anterior), foi o que me quedou gardado como borrador. A partir destas liñas trato de reproducir o que recordo do que tiña escrito hai dous días e se perdeu nos cables de fibra óptica porque non había liña co servidor. Hai un sinal fantasma vibrando entre cordas que vaga de dimensión en dimensión.

O resto do texto falaba do último proxecto de Ricardo en MM+A, catalizado por unha marca que se dedica á moda: ID VALUES.

A partires de aquí había un intento meu de explicar o concepto e os valores que se promoven coa marca pero gracias ó erro no servidor e a unha conversa por correo electrónico posterior con Ricardo, sustitúo ese intentento por unhas palabras de Ricardo Mena:

ID es una marca que se afirma pela individualidade na sua forma de abordar a pessoa com elemento essencial do mundo onde estamos... a comunicação, o branding só pretende ser um sinal de um conceito... non o mas destacado...

O que se destaca é o conceito, é o cliente e a comunidade de pessoas que se identifica com a marca, os seus valores e missão...

Nalgúnha parte do discurso orixinal que se perdeu facía referencia a un par de películas que se me viñan á mente Strings e 21 gramos.

 

Hoxe
Como son ruralita e non cosmopolita o que máis me interesou do proxecto ID VALUES é o modo en que prantexan a súa política de apoio social (responsabilidade social); a idea é a de, a través das novas tecnoloxías, poñer en contacto a personas individuais. Así unha persoa de calquera parte do planeta cunha necesidade pode poñerse en contacto coa marca para solicitar a axuda que require e entrar nun programa no que o cliente decide a que causa individual irá destinada a parte do seu gasto que se destina a estas accións. Deste xeito pode elixir se o destina a mercar un ordenador ou cámara en etiopía, a pagar unha operación en sudamérica, etc.
A acción de apoio realízase de persoa a persoa, a empresa actúa só como intermediaria.
O primeiro día mentres escribía sobre esto víñame á cabeza outra película "Las tortugas también vuelan". E logo aquelo que di Carlinhos Brown: A gente aínda non soñou.
Ricardo cree que non hai que esperar a que todos durman para soñar. Eu concordo con el.

Chuzame! chuzame -