De cordas e vibracións
O Martes
A miúdo vaiseme revíraseme o pensamento ante certos estímulos, comecei a mañá botándolle un ollo á teoría de cordas por culpa de ver o programa Redes de Punset. Así mirando por riba atopo interesantes algúns artigos máis ou menos esclarecedores para aqueles que non somos físicos (científicos da física, quero dicir).
Na páxina de Strings 07 hai unha morea de enlaces para afondar (con ou sen control) no tema de camiño ata a Teoría M que parece agrupar as 5 teorías de cordas cunha onceaba dimensión.
Non andei moito o tema porque esperaba a Ricardo Mena, o meu amigo e tamén compañeiro de doutoramento. Como portador de humanidade, paréceme que Ricardo Mena viaxa cunha carga máis grande ca outros dos meus conxéneres e o caso é que me parece tamén que a porta moi ben. Un tipo duro.
CESGA
e dous días despois retomo
Hasta aquí, (un pouco menos pero non podía cortar o paragrafo anterior), foi o que me quedou gardado como borrador. A partir destas liñas trato de reproducir o que recordo do que tiña escrito hai dous días e se perdeu nos cables de fibra óptica porque non había liña co servidor. Hai un sinal fantasma vibrando entre cordas que vaga de dimensión en dimensión.
O resto do texto falaba do último proxecto de Ricardo en MM+A, catalizado por unha marca que se dedica á moda: ID VALUES.
A partires de aquí había un intento meu de explicar o concepto e os valores que se promoven coa marca pero gracias ó erro no servidor e a unha conversa por correo electrónico posterior con Ricardo, sustitúo ese intentento por unhas palabras de Ricardo Mena:
ID es una marca que se afirma pela individualidade na sua forma de abordar a pessoa com elemento essencial do mundo onde estamos... a comunicação, o branding só pretende ser um sinal de um conceito... non o mas destacado...
O que se destaca é o conceito, é o cliente e a comunidade de pessoas que se identifica com a marca, os seus valores e missão...
Nalgúnha parte do discurso orixinal que se perdeu facía referencia a un par de películas que se me viñan á mente Strings e 21 gramos.
Hoxe
Como son ruralita e non cosmopolita o que máis me interesou do proxecto ID VALUES é o modo en que prantexan a súa política de apoio social (responsabilidade social); a idea é a de, a través das novas tecnoloxías, poñer en contacto a personas individuais. Así unha persoa de calquera parte do planeta cunha necesidade pode poñerse en contacto coa marca para solicitar a axuda que require e entrar nun programa no que o cliente decide a que causa individual irá destinada a parte do seu gasto que se destina a estas accións. Deste xeito pode elixir se o destina a mercar un ordenador ou cámara en etiopía, a pagar unha operación en sudamérica, etc.
A acción de apoio realízase de persoa a persoa, a empresa actúa só como intermediaria.
O primeiro día mentres escribía sobre esto víñame á cabeza outra película "Las tortugas también vuelan". E logo aquelo que di Carlinhos Brown: A gente aínda non soñou.
Ricardo cree que non hai que esperar a que todos durman para soñar. Eu concordo con el.
chúzame - 
Estimada Amiga, como sempre demonstras a grande capacidade de entender e discutir um conceito inovador. Inovador no conceito mas muito demorado na investigação e planeamento pois iD Values têm 1 ano de mercado e 4 de estudo profundo. O sucesso não é grátis…
Assumimos assim que a marca do nosso cliente como nossa, pois é parte de nós também. Este projecto que se designará Get Involved pretende dar resposta aos valores que foram definidos como base e com que o cliente se identifica. Uma marca não é um logótipo mas sim um conjunto de valores, formas de estar e objectivos de muitas pessoas. O salientar da individualidade do projecto, pretende dar resposta ao ser humano como centro do mundo e de toda a forma de existência.
O projecto iD Values pretende apoiar o espírito criativo das pessoas onde provavelmente ninguém as pode ajudar. Vou dando mais noticias porque mais do que uma boa ideia deverá funcionar na prática, ter regras rigorosas e conseguirmos chegar às pessoas com este perfil. Sem isso, não será um eficaz a nível de branding mas somente uma boa ideia que não teve a capacidade de ser implementada.
Até breve!
2007-10-08 @ 12.30 pm
Funcionará, amigo. Creeme. Espero boas novas.
2007-10-08 @ 4.23 pm