Documentos históricos
Veño de descargar un documento que fai historia, atopeino mirando pola fiestra de Masoucos e pensei que sería interesante gardar unha copia dun documento capaz de xenerar un conflicto entre os intereses dunha persoa e a liberdade de expresar opinións, que non sei como se resolve.
Leo García Jiménez no seu recente libro cita o seguinte texto de Saperas:
La Teoría de la Comunicación tiene como objeto de estudio propio el proceso de la comunicación de masas que implica una pluralidad de formas comunicativas, desde las más simples (la comunicación interpersonal) hasta las formas más complejas (la opinión pública). Si definimos la comunicación como un proceso básico podemos afirmar que se trata de un proceso que se establece entre un comunicador (agente intencional) y un receptor (agente individual, grupal, organizacional o colectivo que recibe, interpreta y retiene el mensaje) ...
A autora considera que Saperas está superando a concepción tradicional da comunicación de masas cando di "la comunicación de masas que implica una pluralidad de formas comunicativas"; eu creo que non porque di do comunicador que é un axente intencional (volitivo) característica que non lle é conferida ó receptor.
Personalmente creo que queda moito que barrer da teoría da comunicación de masas na Ciencia da Comunicación
A volición do que denomina axente intencional -paréceme a min- está moitas veces condicionada pola necesidade de encher espacios nos medios e os propios procesos de traballo. O ano pasado dicíanos Casasús nun seminario que debiamos ter esto en conta cando fixeramos un análise de contido. Na publicidade, as relacións públicas, e o xornalismo pode haber tantas incidencias e tan pesadas coma na interpersonal ou na intrapersonal.
Aquí no se salva ni Dios que dixo Blas de Otero e canta Paco Ibáñez.
Coas novas tecnoloxías construir unha imaxe pública complícase algo máis ca cos métodos tradicionais. Pasa que o receptor, elixe o que recibe, recibe , interpreta e non retén a mensaxe senón que a reinterpreta e a reelabora e a emite de novo e ahí debe haber algo de volición. Vese, no caso Yolanda Castaño que se define así e a len deste xeito e nunca esperou que esto entrara a formar parte da súa definición, pero ahí está.
Tampouco entendo a comunicación como un proceso. Dice Urrutia, e tamén o saco do libro de Leonor que me está dando moito, que "a existencia da comunidade esixe a comunicación. Para que dous homes -(esto eche cousa da historia, tamén poden ser duas mulleres, un home e unha muller... o caso é que sexan dous seres humanos)- formen unha comunidade é preciso que se teñan comunicado a través de calquera sistema de comunicación, por simple que este sexa. [...] Para que un novo membro as coñeza esas reglas é imprescindible tamén comunicarllas".
Entendo eu que a comunicación é en sí mesma e que o seu uso xenera procesos de intercambio, pero non me parece que a comunicación sexa un proceso. Claro que non son moi lista e tampouco sei demasiado, pero empezo a ter a convicción de que ser emisor ou receptor é simplemente unha cuestión práxica. Igual ca sempre, supoño. O que cambia deben de ser os protocolos, coma sempre.
chuzame - 