Revisando contadores
Gracias á labor de persoas que descoñezo, (véxase os que realmente traballan en blogaliza), hai arredor dun ano que ando a dicir o que me peta, máis ou menos, con máis ou menos acerto, adecuación e formas.
Como agora unha nova utilidade permíteme ter un contador de visitas, (activeino o 27 do mes pasado) ando a botarlle un ollo.
Flipo un pouco vendo que os días 3 e 4 tiven 284 e 283 visitas, como teño poucos días de referencia non sei ven como entender os datos, pero fronte a datos de outros días, dame que pensar que debe ser cousa do tema. Coincídeme coa anotación referida a Díaz Pardo, así que entendo que o tema pode ser interesante, e coa fin de incrementar o número de visitas, farei como fan os medios con outros temas e dareille outra volta de tuerca.
Asedio a Isaac Díaz Pardo
Sus colaboradores en el IGI consideran que está ante "un asedio total" de la actual dirección, que siente por Díaz Pardo "un odio visceral" y quiere "ahogarlo en su último refugio". Firgoa0 4/12/2007
Para non ter que traballar moito, enlazo aquí todo o seguemento de unha crónica da mesma fonte.
E para que non pareza que son tendenciosa farei unha lista de outras fontes que tamén falaron no seu intre de Isaac Díaz Pardo:
52.200 en total, eu paro aquí ...
chuzame - 
eu non cheguei a facer ningún post do mestre Isaac, somentes me solidaricei coa súa causa e puxen o banner no meu blogue, de tódalas maneiras graciñas por facer mención a el, un saudiño doutro blogueiro de Pontevedra.
pásate cando queiras.
P.D. por certo, non sei como chamarte, non vin o teu nome nin o teu perfil por ningures..jaja.
2007-12-07 @ 3.31 pm
Saúdos Breogain, alguén máis me dixo o do nome e o perfil, amañareino (de momento podes chamarme Jose). Gracias a ti pola visita e a aclaración. Eu tamén ando por Pontevedra.
2007-12-11 @ 11.27 am