Comunicación evolutiva
Na teoría da comunicación, un "medio" é un simple artefacto, que manipula información, permitindo con facilidade a súa acumulación e traslado.
....
Ó estudiar a comunicación mediada, convén recordar que os medios non só son dispositivos que moven a información a distancia, de maneira que sexa posible a comunicación entre persoas alonxadas, senón que alteran dalgunha forma o sistema comunicativo. En efecto, os medios modifican o proceso de comunicación cara a cara, esquematizado no modelo transacional antes explicado. Estes cambios teñen que ver coa modificación da relación social que vincula ó emisor e ó receptor da mensaxe, polas novas relacións emisor-medio e medio receptor.
A utilización dos medios cambia o modelo de comunicación empregado, na medida en que se considera necesario fixar como adecuada unha distancia (física, psiquica ou social) entre emisor e receptor.
Antonio Lucas Marín, Carmen García Galera, José Antonio Ruiz San Román. Sociología de la Comunicación. (Pax. 82- 83). Ed. Trotta, S.A, Madrid 2003. ISBN 84-8164-301-7
chuzame -