[ View menu ]

Relacións emisor-medio e medio-receptor

Decía na anotación anterior, aplicando outras voces, que os medios modifican o proceso de comunicación apuntando a "modificación da relación social que vincula ó emisor e ó receptor da mensaxe, polas novas relacións emisor-medio e medio receptor". Gracias ó comentario de Masoucos poño aquí un exemplo ilustrativo:

No podo deixar de comentar que ó visitar adiccionesdigitales.es a frase que me vén á cabeza é «are you from the past?». Fondo de páxina sen cor definida, texto en movemento, contador de visitas, imaxes reescaladas polo navegador (¿quen quere cargar unha imaxe de 1.165 x 874 píxeles e 294,02 Kbytes para vela a 161 x 119 píxeles?), ligazóns con espazos, ligazóns a ficheiros PowerPoint, MP3 e WMV sen avisar do seu formato… só lle falta ó pé da páxina un © 1998. Marcus.es

Ten gracia, é coma un se dixeramos, mira que pinta leva.

O ano pasado nun seminario con Casasús. Mirabamos o caso Jayson Blair ocorréuseme facer un experimento para ver as reaccións dos xornalistas cos que compartía espacio e discurso. Tomei esta frase tal que así para unha primeira diapositiva:

Los medios de comunicación constituyen una amenaza para la sociedad actual. Soportan un estado patológico sin precedentes y lo malo es que transmiten esta perversión al entorno de la cultura, de la política, de la judicatura y, en fin, a todo lo que tocan.

Por suposto despertei grande indignación, alguén preguntou ¿eso lo dices tu? e por suposto devolvéuseme a agresión de xeito verbal e xestual; o profesor pediume que pasara á seguinte diapositiva para evitar explosións de violencia, pedín ós presentes que conservaran o seu estado emocional e pasei á seguinte diapositiva:

Los medios de comunicación constituyen una amenaza para la sociedad actual. Soportan un estado patológico sin precedentes y lo malo es que transmiten esta perversión al entorno de la cultura, de la política, de la judicatura y, en fin, a todo lo que tocan.

José F. Beaumont ("Patologías de la Información", El País, 1/11/1997) del libro del sociólogo francés Pierre Bourdieu sobre la televisión (1997).

Alguén dixo "¡ah! bueno eso es otra cosa" e un pouco despois dixo "¡ah pero es el mismo texto!". A interacción voltouse máis cordial. Era a mesma cita pero non era o mesmo texto, era outra información e ofrecía outra lectura, outra descodificación, ninguen se enfadou con Beaumont, nin con Bourdieu, nin con Hugo Aznar a quen lle roubei a cita (que por certo non atopei na edición impresa galega, pode que non buscara ben porque o fixen á présa). O meu interés era comprobar como se le unha cita anónima e como unha cita de autor.

A parte do que a semiótica puidera dicir do suceso dice a comunicación evolutiva que "unha persona, un grupo ou unha organización evolucionarán na medida que establezan relacións de aprendizaxe"; eu creo que a aprendizaxe e as rutinas teñen reaccións moitas veces adversas. Esto lémbrame a Barton Fink.

Disque o hábito non fai ó frade; pero realmente as relacións emisor-medio e medio receptor tamén afectan a relación de comunicación en ocasión máis cá propia información que se transmite.

En relación coas adiccións agrego aquí unha cita tomada do informe de UNICEF:

El tiempo dedicado por los menores a Internet se ve incrementado a medida que se van haciendo mayores. Si este tiempo no es controlado con moderación, puede incurrir en situaciones de adicción que mermen las posibilidades de desarrollo del menor en otros ámbitos de su vida fuera de Internet.
Desde una perspectiva amplia, Internet puede resultar ser un espacio para múltiples tipos de adicciones: ludopatías de juegos en Red y apuestas electrónicas, adicción a la descarga de música, a la compra de productos y servicios, etc. De entre los datos disponibles23, se estima que un 37% de los menores que se conecta habitualmente a Internet reconoce “sentir la necesidad de conectarse a Internet con frecuencia”. Por otro lado, el 23% de los
menores que se conectan con regularidad juega en casi todas las conexiones que realiza (el 17,5% juega en la mitad de las ocasiones, un 12% en una de cada tres y finalmente un 44% en una cuarta parte de las conexiones que realiza).

Chuzame! chúzame -

0 Comentarios

No comments

RSS feed Comments | TrackBack URI

Write Comment

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>