- Crátilo 438a » »
- « « As idades de Internet
Debería estar traballando
Tiña que estar traballando nunha anotación que se ía titular oigo la música e que dicía máis ou menos:
Non hai moito nunha conversa informal sobre nenos bromeabamos sobre a distancia que media entre pais e fillos adolescentes e alguén dixo:
- Tengo un hijo, se que está ahí porque oigo la música.
Hai cousas que me quedan dando voltas na cabeza durante moito tempo; Daniel e Tiscar (gracias a ambos) sinálanme unha porta a Medrando en liña; mencionase na entrevista realizada ós autores que as TIC teñen creado "a maior fenda dende a xeración do Rock and Roll".
Os rapaces entrevistados para Medrando en liña manifestan que lles molesta bastante que os seus pais non saiban traballar cun ordenador e apenas se mañexan coas mensaxes de texto. Ata aquí chegara.
Engado aquí, que me interesa especialmente o feito de que "os nenos en xeneral se amosen emocionados de que os adultos queiran escoitar historias acerca da súa vida en liña, suliño especialmente adultos que non son os seus pais ou mestres". O paso a idade adulta relacionase coa alteración no status quo do neno, o paso de inexperto a experto, penso que iso pode xenerar parte do conflicto con aquelas figuras de autoridade que representa o pai mestre, autoridade que o non estar presente permite unha colocación de paridade ou a inversión de relación con outros adultos neste caso concreto. Pero isto acábaseme de ocorrer.
Tamén estaba a fedellar no Google Docs nun algo sobre o control parental que teño que enviar para correxir a ser posible esta mañá.
En cambio estou a chatear co meu amigo Ricardo a través do correo electrónico. Intercambiamos un par de cantigas. Eu envieille esta:
E el correspondeume con esta outra:
Non sei que fará o meu compañeiro, pero eu bou traballar con mellor humor o resto da mañá.
Debía ampliar isto pero voume a Google Docs. Sexas quen sexas, ten un bo día.
chuzame - 
minha amiga… com musicas destas o teu trabalho sera sempre melhor… é a agora que tu tesina terá 300 páginas a ouvir Marisa e em breve Ricardo Pavarotti! :) bjs
2008-01-25 @ 3.08 pm
E terei que citarte coma referencia!
2008-01-25 @ 4.33 pm
sempre que o descanso achelle un mellor traballo
2008-01-28 @ 7.15 pm
O contacto humano sempre axuda. Por iso nos tomamos os cafés en compañía.
Pásate máis de cotío, se tes tempo.
2008-01-29 @ 10.21 am