[ View menu ]

Monthly Archive Febreiro, 2008

Efectos poderosos

Onte visitei o Club Faro para escoitar a Manuel Martín-Loeches que trataba de contestar á pregunta ¿que nos fai humanos?. É dicir, que explicou un pouco sistema operativo humano así coma as actualizacións e novas versións que foron salindo nos últimos 80.000 anos.

Mencionou as neuronas espello, estas coñeceredelas ben porque están de moda, ou algo similar dixo, a estimación de Martín-Loeches é que esta moda deixará de afectar á ciencia en un corto prazo estimado de 5 anos, logo chegaráse á conclusión de que non era tan importante. As modas afectan a todo, mesmo á ciencia pero eche unha cousa boa porque moitas persoas se suman á corrente e dese xeito supérase antes o extraordinario do estímulo, bueno se se pode dicir que o extraordinario lle corresponda ó estímulo en lugar de corresponderlle á cognición, percepción, emoción ou o que é o mesmo ó observador, ó suxeito.

Pero modas habelas hainas, recordo que hai uns anos nos medios de comunicación non había frase na que apresentándose o nacionalismo non se apresentara tamén terrorismo ou no seu defecto radical. Non sei se isa moda terá algo que ver con que o debate de aspirantes a xestor só haixa dúas persoas; pouca capacidade de elección se nos ofrece á simple vista, e coincido en que hai máis dunha razón para non votar a ningún dos dous, 31 polo menos din.

Pero falando de modas, preocúpame bastante (con perdón) ese rollo de gañadores e perdedores. O rollo gañador e perdedor, veñoo captando dende hai anos nas películas americanas non sei en cantos guións de produccións norteamericanas non sairá unha frase coma: ¡Eres un perdedor!, logo empezou a soar nesas..., neses..., nos platós onde se comentaban esa clase de programas chamados de telerrealidade, que eu non sei canto teñen de realidade se hai que facer un casting no que a maior parte de concorrentes non dan o perfil que andan buscando. E agora empeza a soar en boca dos aspirantes ó hemiciclo e exténdese por outras voces coma unha moda, paréceme que pasou algo semellante co termo patriota ou patriotismo. É coma se as películas, os guións ficcionais escaparan das pantallas e tomaran a realidade. Non sei se o onomaturgo (pax. 50) andará outra vez de mala saña, ou se a comunicación mediada ten realmente efectos poderosos. Unha cousa é certa; quen sementa recolle -non porque eu o diga, senón porque o dixo Gerbner.

Atopo que non é cousa boa simplificar demasiado as cousas para o desenvolvemento cognitivo:

As características do estereotipo poden sistematizarse, seguindo a V. Allende (1997), en tres:

a) Anula a complexidade dun asunto ou dos oríxes históricos, culturais, relixiosos ou económicos dun grupo ou tipo social concreto.

b) De tódalas realidades posibles, elixe unha, simplista e reduccionista, que conduce a unha visión maniquea das relacións sociais.

c) Opera sobre roles de inferioridade e superioridade, sobre todo en canto ó xénero dos individuos (home fronte a muller) e a súa etnia (hombe blanco frente ó resto). Engado eu e mil outras posibles.

Por outro lado, trátase de construccións mentais sumamente difíciles de erradicar, xa que está demostrado que os sucesos que confirman as expectativas estereotipadas previas son recordados mellor polos suxeitos que aqueles que as contradín. Disfuncións da socialización a través dos medios de comunicación.

Dicía onte Martí-Loeches que fundamentalmente o desenvolvemento do cerebro humano baséase na complexidade das conexións que nos permiten manexar máis información ó mesmo tempo, ou sexa que temos máis ram e procesamos máis datos ó, e, no mesmo tempo. Que bonito ¿verdade?. Se é así, para que simplificar se como tamén se mencionou o maior pracer que se lle pode dar ó cerebro é a sobreexcitación.

Esta fin de semana, estiven a botarlle unha ollada ó pasado recente nun documental que afortunadamente está en YouTube Os 70: De Woodstock ó Walkman ía falar do tema pero vexo que se me fai longa a anotación, como eu xa teño a miña opinión mellor que o vexa cada quen -se quere rememorar o pasado- e que me conte a súa.

Chuzame! chuzame -

¿Quen non xime?

Luz e progreso en todas partes...pero

as dudas nos corazós,

e bágoas qu' un non sabe porque corren,

e dores qu' un non sabe por que son.

 

Outro cantar, din cansados

deste estribillo os que chegando van

nunha nova fornada, e qu' andan cegos

buscando o qu' inda non hai.

 

¡Reprobos!, sempre ó oculto preguntando,

que, mudo, nada vos di.

Buscade a fe, que se perdeu na duda,

e deixade de xemir

 

Mais eles tamén perdidos

por unha i outra senda van e vén,

sin que sepan ¡coitados! por ond' andan,

sin paz, sin rumbo e sin fe.

 

Trist' é o cantar que cantamos

mais ¿que facer s' outro mellor non hai?

Moita luz deslumbra os ollos,

causa inquietude o moito desexar.

 

Cand' unha peste arrebata

homes tras homes, n' hai máis

qu' enterrar de présa ós mortos,

baixa-la frente, e esperar

que pasen as correntes apestadas...

¡que pasen... qu' outras vendrán!

 

Rosalía de Castro. Follas Novas

 

Este poema está moi ben musicado por Amancio Prada en Rosalía de Castro(1975) e en Rosas a Rosalía(1997) dou fe.

Chuzame! chuzame -

E CON TODO ESTO; ¿QUÉ FACEMOS?

Os equipos están aquí, non hai dúbida, as caixas xa non caben polo corredores…se non fose tan “boa” hasta pensaría que xusto chegan previo paso polas urnas o próximo 9 de Marzo, pero deixando eso a un lado, xa empezan a ser moitas as caras de “ansiedade”. Uns por notar como as TIcs xa aterrizaron, inminentemente, sen volta atrás. Os más incrédulos, porque se negan a remangarse os xerseis e poñerse a APRENDER. Outros porque despois de conectar todos os interruptores e portos USB do mundo queren saber QUÉ facer con eles, e outros porque queremos aprender a responder á gran pregunta:

E CON TODO ESTO; ¿QUÉ FACEMOS?

Pois supoño que algo así como NEGOCIAR, e qué quero decir con esa palabra. Refírome a:

1. non crear falsas expectativas.
2. continuar o noso modo de traballo.
3. introducir as Tics dun modo paulatino.
4. non sentir ansiedade por aprender de golpe.
5. disfrutar do proceso de aprender a usalas.
6. compartir dudas e formación cos nosos compañeiros.
7. preparar e planificar as clases Tic con anticipación.
8. integralas na aula.
9. elaborar e crear novos materiais.
10. reconocer, analizar e saber buscar recursos....

Ben dito por Chus.

Segundo o Plan Estratéxico Nacional de Infancia e Adolescencia 2006-2009 a chegada e aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación presenta un reto doble en tanto que se trata de garantir o coñecemento e uso para non xerar unha fenda capaz de crear novos criterios de desigualdade e por outra parte garantir que o uso se produce en situación de seguridade, de xeito que se atopen protexidos ante contidos que poidan resultar perxudiciais para o seu correto desenvolvemento.

Dicía hai uns meses unha estudiante de Benicarló que lle chamaba moito á atención o feito de que fagan incorporar no plan de educación primaria o TIC para que os alunos empecen a utilizar as tecnoloxías dunha maneira crítica, pois, na súa opinión, os cativos sempre son moi despertos e din todo o que pensan pero non cree que poidan ser capaces de ser críticos. Tamén concordo con estas palabras e polo momento creo que nas etapas de desenvolvemento nas que o neno carece de habilidades para a interpretación crítica, correspóndelle a outros máis hábiles realizala por eles.

Boteille un ollo ó Informe sobre a implantación e uso das TIC nos centros docentes de primaria e secundaria 2005 2006 e independentemente dos resultados valoro a estimación de frecuencia de uso por parte dos alunos.

ALTA: Casi todos los días ou varias veces ó semana.
MEDIA: Entre unha vez á semana e unha vez ó mes.

Eu non tería establecido que unha vez ó mes sexa unha frecuencia media, pero iso é unha apreciación persoal.

Chuzame! chuzame -

A Quen vs. Quen

Unha parte dos xóvenes usuarios actuales están iniciando as súas experiencias web e a súa conducta cambiará. Aínda menos coñecemos dos usuarios, máis do 50%, que se pode incorporar nun futuro próximo por exixencias persoais ou profesionais; e é probable que non repitan as conductas máis extendidas na actualidade. E, por último sen pretender ser exhaustivo, sen gradacións da interacción e destes públicos, que separen conceptualmente entre usuarios e clientes, turistas ou lurkers, pseudo / falsos visitantes os resultados de e-métrica que se nos ofrecen como alcance, difusión ou incluso calidade dunha comunicación conducen a errores de fondo coma os que a semiótica e a análise de contido puxeron de manifiesto con respecto á investigación empírica de audiencias en médios masivos de comunicación. A Análise Semiótica de Hipertextos e a Evaluación de Webistes

Chuzame! chuzame -

Eu tamén

Como hoxe é 14 de febreiro, e somos concupiscentes a máis non poder, e -por que non dicilo- tamén amamos, falemos do tema.

¿Son a feminidade na muller, e a masculinidade no home, un producto cultural?, ¿ou son valores fundados na verdade do ser? ¿significan opresión …ou liberación?.¿é o matrimonio e a familia o sacramento orixinario da creación… ou unha institución do pasado? ¿É a igualdade do xénero… unha opción e dereito, …ou unha falacia totalitarista?. El estupor de Adán por el don de Eva; el estupor de Eva por el don de Adán (I). Esther M. Sousa

Eu penso, -sen coñecer ata tan lonxe a miña árbore xenealóxica-, que se aceptaramos a posibilidade de que todos forámos algo de Adan (hipernetos por exemplo), tamén deberiamos prantexarnos se Lilith era unha muller capaz de vivir toda unha vida de celibato.

Pero, o que de verdade me preocupa é a psicoloxía evolutiva de Erickson e a súa aplicación ó traballo cos nenos.

Di Erickson que na etapa adolescente o individuo vese enfrontado a situacións novas, que non traduzo porque estou cansa:

  • La Perspectiva Temporal, orientación en el tiempo y en el espacio, asimilación de la experiencia con un aprovechamiento adecuado de los aspectos del intercambio interpersonal y de la sensibilidad (experiencia emocional).
  • La Seguridad en Sí Mismo, sentimiento de la propia confiabilidad, sentido de la adecuación y organización de la vida personal.
  • La Experimentación con el Rol, énfasis en la acción; el enfrentamiento de situaciones diversas; y ejercicio de anticipación de metas.
  • El Aprendizaje, significa principalmente interés por el contacto con el medio ambiente y una estrategia del aprendizaje vital.
  • Polarización Sexual: Adecuado grado de desarrollo del propio interés sexual.
  • Liderazgo y Adhesión: Adecuada integración al grupo de "pares".
  • El Compromiso Ideológico, orientación valorativa y participación en el ambiente.

PS. ¡Hai mirade isto!. Por certo, que estabades moi caladiños pero agora xa vou vendo onde estades. Bicos

Chuzame! chuzame -

Categorías e máis categorías

Lerme con coidado este estudio e se alguén lle atopa algún sentido, por favor que mo explique, porque teño un profundo interés en entendelo.

TNS "descubriu" unha tipoloxía de internautas que teñen distintas formas de utilizar Internet e permiten ¿caracterizar un tipo de relación? no seo de cada país.

Por exemplo, "se clasifican en 6 grupos". Non entendo que significa "se clasifican". ¿Qué significa se clasifican? ¿que se clasifican elas a sí mesmas? ¿Que elixiron unha das respostas propostas no cuestionario?

  • Las Prácticas (26%):Consideran Internet como un servicio que les permite informarse. Internet es utilizado ante todo en una óptica funcional y no para divertirse o favorecer los vínculos.
  • Las Sociales (25%): Utilizan Internet para crear un vínculo social, compartir experiencias y seguir en contacto. Se muestran muy interesadas por las  comunidades virtuales.
  • Las Soñadoras (17%): Internet les permite evadirse y relajarse. Ante todo es un medio de disfrutar y  no constituye una herramienta de trabajo.
  • Las Escépticas (12%): Pequeñas consumidoras de Internet, no consideran Internet como una herramienta esencial. Tienen una confianza limitada en este medio (sobre todo respecto a los consejos prodigados) y no le encuentran una utilidad concreta.
  • Las Pragmáticas (11%): Les gusta Internet por su sencillez, su facilidad para comunicar y su instantaneidad. Utilizan internet para evadirse pero no son grandes consumidoras. Se interesan poco por la Web 2.0.
  •  Las Extrovertidas (9%): Buscan ante todo el  desarrollo y la valoración personal a través de Internet. Tienen gran confianza en Internet y lo encuentran particularmente creíble.

¿As categorías son excluíntes? Se son pragmáticas non poden ser sociais, e ¿as extrovertidas non son sociais? ¿Qué carajo é isto? ¿A quen se lle ocorren este tipo de cousas? De verdade que me gustaría pasar unha tarde coa/s persoas das que saen este tipo de ideas. Creo que aprendería moito.

¡Hai cada descoberta este ano, que non se vía o ano pasado...

Chuzame! chuzame -

Control parental

Andei a ler estes días algunhas cousas que saquei do Congreso de AEIC. Un traballo interesante que se expuxo nese congreso é o de Carmelo Garitaonandia e Maialen Garmendia Cómo usan Internet os xóvenes: hábitos, riscos e control parental (non asistín á mesa porque estaba nesta outra, ás veces odio elixir). O estudio cualitativo realizóuse mediante a técnica do grupo de discusión en concreto 6 grupos compostos por adolescentes de entre 12 e 17 anos e constitúe unha exploración das actitudes, usos, hábitos, competencias e hábitos dos adolescentes na rede, tamén fai unha aproximación ós efectos que o consumo tecnolóxico ten nas relacións cos pais e o grupo de pares, explorando riscos potenciais e medidas de regulación e control parental.

As idades de inicio ós usos de internet se producen en idades que oscilan entre os 6 e 10 anos -(Eu empecei) ós seis anos tamén… No cole, en primeiro, xa nos ensinaron a entrar en Internet, o Google… o básico” (rapaz, 12 anos,Barcelona)- aprendendo de algún familiar ou nos colexios e que o coñecemento desenvólvese con posterioridade no grupo de pares ou de xeito autodidacta. Algunhas declaracións apuntan a que entre os nenos esperase certa grado de experticia ó redor dos 10 anos.

“Eu investigando na clase de informática… levabannos de vez en cando nunha clase á sala de informática… e ahí eu fun investigando… empecei con 9 ou 10 años... porque me picaba porque todos se rían de min… porque ó principio non sabía… piquéime e aprendín e ala!” (rapaza, 12 anos, Madrid).

Pese ós contactos iniciais que se producen nos colexios:

Os xóvenes amosan pouco interés en usar Internet coma unha fonte rica e diversa de información, é máis ben unha fonte que lles permite sair ó paso dos traballos que lles mandan, de “corto e pego”, de “fusilar traballos” baseados en Wikipedia, Encarta e o que ofrezca o Google, cando non a web do rincón do vago, que conocen todos. Dos grupos de discusión deduciuse moi pouco traballo orixinal, moi poco uso da riqueza que ofrece Internet como base de datos e fonte de información e sí moita copia.

E un apunte final dos autores:

... destacar que entre as actividades dos xóvenes non detectamos prácticamente ningunha actividade solidaria, ciudadana e/ ou política realizada a través de internet.

Atopo dificultade para conciliar os resultados coas expectativas que se proxectaban hai un ano, e pregúntome porqué as buscas adolescentes non dan en cair en directorios coma este ou este ou estoutro.

Respecto ó control parental revela o informe que:

Aínda que lles pareza normal este control, os adolescentes usan tódolos trucos que coñecen (cerrar a porta, cambiar de páxina cando entran os seus pais, minimizar páxinas, entrar en Internet cando non están eles (os pais), borrar o historial e un largo etcétera) para intentar estar en Internet sen control algún, agás o que se impoñan eles mesmos.

Ó meu entender resulta preocupante que todos os participantes manifesten coñecer de motu propio ou por casos de proximidade situacións de risco (acoso, ciberbulling, contidos violentos...) ó tempo que declaran que non recorrerían ós seus páis, nin a un profesor agás como último recurso e ó mesmo tempo que manifestan que recorrerían a un amig@ sucédense al declaracións nas que se responsabilizan a sí mesm@s de sufrir ese tipo de riscos.

“Se ti queres quedar con unha persoa … quedaches porque ti quieres… se lle dis que si e despois che pasa algo… é o teu problema” (rapaza, 16 anos, A Coruña).

Cabe valorar a posibilidade de que este tipo de actitudes non contribúan de xeito positivo a posibles intervencións de apoio dentro do grupo de pares, dato a ter en conta en relación coas declaracións que apuntan a que non se recurriría a un adulto dado que este podería levar a cabo intervencións capaces de resolverse con algunha forma de restricción.

Amósaseme relevante as declaracións que apuntan a que o uso da mensaxería instantánea é constitúe unha forma de prolongación das relacións sociais que non desplaza as formas de interacción social sen mediación, senón que as complementa segúndo ofrecen as declaracións sobre si mesmos, sen embargo interpretan usos sustitutivos ou abusivos por parte de outros usuarios.

• “Eu se estou en Internet e me chama un amigo para quedar ou algo… deixo internet e voume co amigo” (rapaz, 13 anos, Madrid).
• “Se non tivera Internet estaría vendo la tele… todo o tempo posible…eu estou en Internet cando estou na casa e non teño nada que facer” (rapaz, 16 anos, A Coruña)
• “Hai un que ven ó noso colexio, pero despois vive nas Rozas e
como non ten a ninguén con quen xogar… ademais vive no campo…pois está todo o día enganchado con Internet ou a televisión.. porque ler e eso… pouco… non lle gusta” (rapaz, 12 anos, Madrid).
• “Eu tampouco deixo de sair cos amigos … nin de estudiar … ó mellor un día que estiven xogando en Internet podía ter estado cos amigos” (rapaza, 16 anos, A Coruña).
• “Porque non é o do Messenger como o de que hai xente que se queda na casa e non sae do ordenador e da play… ti estás en Internet e métes
te ó Messenger cando estás na casa e te aburres… non estás ahí todo o día” (rapaza, 14-15 anos, Bilbao).

Resúltame interesante resaltar que o traballo presentado por López de Ayala no mesmo congreso baixo o título "A mediación familiar no consumo de tecnoloxías da información e comunicación" e que se realizou mediante o uso da enquisa -realizada neste caso ós pais- devolvía tamén resultados análogos na apreciación dos usos excesivos, xa que logo os páis manifestaban que existían rapaces que se pasaban demasiado tempo conectados a internet e accedía a contidos ou interaccións inadecuadas pero que en ningún caso se trataba dos seus propios fillos, e dicir que este tipo de prácticas que se recoñecen como existentes e se valoran como perxudiciais sempre son realizadas por "outros". Esta percepción compartida pode ser resultado da comunicación e o intercambio entre os nenos e os páis; a falta de medidas de supervisión máis alá do tempo de conexión, coma da fenda nocional que se da entre as xeracións -a fenda nocional pode ser máis grande ca fenda dixital-, e que lles permite ós adolescentes actuar como fonte con autoridade polos seus coñecementos no contexto familiar.

 

 

Chuzame! chuzame -

Por unha cultura libre

É o título dun interesante artigo de Lawrence Lessig (blog) que me atopei hoxe en Enfocarte.

E a letra en árabe da canción Meu neno de Natacha Atlas, por que me da para alí; e doulle as gracias a Tino pola conversa desta mañá.

يا ولدي - Natacha Atlas

قالت يا ولدي
قالت يا ابني
شفتك بتبكي
شفتك في خيالي
قالت يا ولدي
قالت يا ابني
شفتك في ذكري
شفتك بتبكي

كأنك مثاقل
كأنك مسرور
اسمع الحقيقة
افتح على نور
افتح على نور

ما تنساش اصدقاءك
ما تنساش اصدقاءك
واللي يفكروا فيك
واللي يفكروا فيك
ما تقدرش من امامك
ما تفوق من طريق

الحياة مش سهلة
ما تخافش من الظلم
وكل الاسرار مكتوب في الأحلام

Chuzame! chuzame -

Basura Tecnolóxica

Leo aquí que os residuos orixinados por equipos eléctricos e electrónicos desbotados se duplicarán en Europa nos próximos 12 anos, pasando de 4,7 millóns de toneladas a 14,8 millóns no ano 2020.

¿Pregúntome a onde vai dar a basura electrónica?

A Nixeria "uns 500 contenedores cargados cun volume equivalente a 400.000 monitores de computadora ou 175.000 aparatos de televisión -(camuflados como cooperación ó desenvolvemento)- ingresan a Lagos ó mes, según a organización ambientalista Basel Action Network (BAN)".

Pasar de windows a Linux pode axudar, pero parece que será preciso ademáis reconsiderar con seriedade os procesos de producción e intercambio; e tomar conciencia verdadeira "deso" que se nos manifesta por fin. Mentres tanto, non está de máis unha dose de vergoña. ¿Non hai na vergoña un algo de recoñecemento?.

Chuzame! chuzame -

Cousas vistas hoxe

Por ejemplo, 78 (más del 50%) de los consultados prefieren internet antes que la televisión, la radio o bien los diarios para comunicarse e informarse. Pero, lo que llamó la atención además, -y no es un dato menor ya que da fundamento económico a la existencia de los ciber-, es que de los 150 entrevistados, 62 admitieron estar de 2 a 4 horas diarias en el ciber. 55, una hora; 27 entre 5 y 10 horas y 5, más de 10 horas.

El 40.16 % de los entrevistados utiliza el servicio de Chat. Mientras que, el 24,9% a la red la usan para bajar juegos electrónicos y entretenerse. Sólo el 22,09% admitió que navega por la web para buscar información y el 10,84% por el servicio de correo electrónico.

Otro dato obtenido es que internet es utilizada mayoritariamente por personas menores de 40 años. Las mayores de esa edad no le interesa o bien no acceden por falta de conocimientos mínimos para poder utilizarlo o simplemente porque no les llama la atención. Educar

En Digizen e Edu.tec

Aínda que sen correspondencia, segue a medrar o meu amor por Canclini. Pasei por educomunicaçao, Manuel Pinto conta o que di Alice Vieira sobre a copia nas escolas (vese moi favorecida polas TIC).

Os profesores empezan a clasificarse non polo uso que fan das tecnoloxías cuantitativa e non cualitativamente falando.

Comprobo que dende máis cerca vense mellor os datos, de lonxe vense moito menos; algunhas cousas son moi mellorables.

Pasei por Comunisfera así remata Daniel Martí a crónica do Congreso Fundacional de AEIC, AEIC está en fase de lanzamento.

Deixo en marcadores cousas coma esta ou esta por se a alguén ten ganas. E etiquetando etiquetando vou notando que perdo o tempo. Calquera comentario a esta anotación viríame que nin pintado.

Chuzame! chuzame -