[ View menu ]

Daily Archive marzo 7th, 2008

Usos de internet dende colexios públicos III

"Neno nace o home. O seu poder está no seu desenvolvemento".

"Non é tarea fácil educar xóvenes, adiestralos, en cambio, é moi sinxelo."

Rabindranath Tagore 

Eu sempre penso que nunca é demasiado tarde, pero calquera momento anterior é aceptable.

Luis Pereira de Literacia dixital achéganos unha pregunta Computadores ajudam... ou prejudicam a aprendizagem?  e invitanos a ler un artigo que remata así:

"O ordenador non é unha ferramenta neutra". "Como o computador é bom para nós, professores, por exemplo, tendemos a achar que ele é útil para todos. Mas ele não é uma solução mágica para a educação"

De certo, o ordenador sitúase no medio e medio da comunicación, dentro da comunicación, arredor da comunicación.

Esta mañá visitei o CPI Domingo Fontán, en Portas "temos un problema moi grande con internet e é que aquí non chega o ADSL e estamos cunha velocidade moi lenta, estamos algún día... incluso esta semana chegamos a estar a 17 kb e é imposible traballar" -contábame o director do centro. Dicíame tamén que hoxe en día teñen moita competencia para conseguir a atención dos rapaces e o uso das tecnoloxías consiguen motivalos mellor cara os contidos e "hai moitos recursos pero se queres botar man deses recursos e non hai velocidade non facemos nada."

Chuzame! chuzame -