Usos de internet dende colexios públicos III

«Neno nace o home. O seu poder está no seu desenvolvemento».

«Non é tarea fácil educar xóvenes, adiestralos, en cambio, é moi sinxelo.»

Rabindranath Tagore 

Eu sempre penso que nunca é demasiado tarde, pero calquera momento anterior é aceptable.

Luis Pereira de Literacia dixital achéganos unha pregunta Computadores ajudam… ou prejudicam a aprendizagem?  e invitanos a ler un artigo que remata así:

«O ordenador non é unha ferramenta neutra». «Como o computador é bom para nós, professores, por exemplo, tendemos a achar que ele é útil para todos. Mas ele não é uma solução mágica para a educação»

De certo, o ordenador sitúase no medio e medio da comunicación, dentro da comunicación, arredor da comunicación.

Esta mañá visitei o CPI Domingo Fontán, en Portas «temos un problema moi grande con internet e é que aquí non chega o ADSL e estamos cunha velocidade moi lenta, estamos algún día… incluso esta semana chegamos a estar a 17 kb e é imposible traballar» -contábame o director do centro. Dicíame tamén que hoxe en día teñen moita competencia para conseguir a atención dos rapaces e o uso das tecnoloxías consiguen motivalos mellor cara os contidos e »hai moitos recursos pero se queres botar man deses recursos e non hai velocidade non facemos nada.»

Chuzame! A Facebook A Twitter

9 reflexións sobre “Usos de internet dende colexios públicos III

  1. O ordenador non é unha solución máxica para a educación, pero como ben di o director do centro domingo fontán, consigues motivar os alumnos moito mellor.

    Por esa liña habería que intentar seguir, e facer do ordenador unha ferramenta utilísima para a educación, cuns bos usos, e con uns profesores con coñecementos suficientes para podelos aplicar.

    P.D. O da velocidade da internet na galicia interior… non ten nome. Cando decidirá a administración actuar?

  2. Hola Tino, motivar ós alunos é moi importante de certo.
    O da Galicia interior non ten nome pero mentras non se lle pon un podémoslle chamar «problema serio» que dificulta moito que os profesores poidan facer bos usos. ¿Cando navegas a esas velocidades pódese dicir que tes conexión a internet?.

  3. Pois eso debería figurar no contrato a velocidade mínima.
    Pero en que estado se atopan os ordenadores?
    Volvo a decir, e repito ata a saciedade… hai alguén que teña os coñecementos suficientes para configurar correctamente unha rede de ordenadores, tirando dunha conexion tan lenta?
    creo que o seguinte paso para os colexios sería dispoñer dun informático… un profesor non se pode ocupar dese tipo de temas, creo eu¡

  4. Iso mesmo opinan os profesores que actualmente se están a ocupar do tema. Cai de caixón que fai falla un informático

  5. Alégorme muito que dende o colectivo dos profesores tamén o vexan así¡¡

    Iosef, teño que falar contigo…

  6. Pingback: A Fiestra de Masoucos o Mundo » O CPI de Castroverde