[ View menu ]

Usos de internet dende colexios públicos III

"Neno nace o home. O seu poder está no seu desenvolvemento".

"Non é tarea fácil educar xóvenes, adiestralos, en cambio, é moi sinxelo."

Rabindranath Tagore 

Eu sempre penso que nunca é demasiado tarde, pero calquera momento anterior é aceptable.

Luis Pereira de Literacia dixital achéganos unha pregunta Computadores ajudam... ou prejudicam a aprendizagem?  e invitanos a ler un artigo que remata así:

"O ordenador non é unha ferramenta neutra". "Como o computador é bom para nós, professores, por exemplo, tendemos a achar que ele é útil para todos. Mas ele não é uma solução mágica para a educação"

De certo, o ordenador sitúase no medio e medio da comunicación, dentro da comunicación, arredor da comunicación.

Esta mañá visitei o CPI Domingo Fontán, en Portas "temos un problema moi grande con internet e é que aquí non chega o ADSL e estamos cunha velocidade moi lenta, estamos algún día... incluso esta semana chegamos a estar a 17 kb e é imposible traballar" -contábame o director do centro. Dicíame tamén que hoxe en día teñen moita competencia para conseguir a atención dos rapaces e o uso das tecnoloxías consiguen motivalos mellor cara os contidos e "hai moitos recursos pero se queres botar man deses recursos e non hai velocidade non facemos nada."

Chuzame! chúzame -

9 Comentarios

  1. Luis Pereira says:

    Só para agradecer a referência.

    2008-03-07 @ 10.04 pm

  2. jose says:

    Gracias a ti, por achegarnos a información. Moito gusto.

    2008-03-10 @ 4.30 pm

  3. masoucos says:

    O ordenador non é unha solución máxica para a educación, pero como ben di o director do centro domingo fontán, consigues motivar os alumnos moito mellor.

    Por esa liña habería que intentar seguir, e facer do ordenador unha ferramenta utilísima para a educación, cuns bos usos, e con uns profesores con coñecementos suficientes para podelos aplicar.

    P.D. O da velocidade da internet na galicia interior… non ten nome. Cando decidirá a administración actuar?

    2008-03-10 @ 5.22 pm

  4. jose says:

    Hola Tino, motivar ós alunos é moi importante de certo.
    O da Galicia interior non ten nome pero mentras non se lle pon un podémoslle chamar “problema serio” que dificulta moito que os profesores poidan facer bos usos. ¿Cando navegas a esas velocidades pódese dicir que tes conexión a internet?.

    2008-03-10 @ 7.17 pm

  5. masoucos says:

    Pois eso debería figurar no contrato a velocidade mínima.
    Pero en que estado se atopan os ordenadores?
    Volvo a decir, e repito ata a saciedade… hai alguén que teña os coñecementos suficientes para configurar correctamente unha rede de ordenadores, tirando dunha conexion tan lenta?
    creo que o seguinte paso para os colexios sería dispoñer dun informático… un profesor non se pode ocupar dese tipo de temas, creo eu¡

    2008-03-11 @ 1.12 pm

  6. jose says:

    Iso mesmo opinan os profesores que actualmente se están a ocupar do tema. Cai de caixón que fai falla un informático

    2008-03-12 @ 12.05 pm

  7. Tino says:

    Alégorme muito que dende o colectivo dos profesores tamén o vexan así¡¡

    Iosef, teño que falar contigo…

    2008-03-14 @ 2.54 pm

  8. jose says:

    Falamos pero nunca me empeces unha conversa con esa frase :D

    2008-03-14 @ 5.47 pm

  9. A Fiestra de Masoucos o Mundo » O CPI de Castroverde says:

    [...] usadas? A verdade é que unha ferramente excelente para a comunicación profresor-alumno, pero como ben di Iosef, O coñecemento non é nada nas nosas sociedades de cambio vertixinoso, é só un producto [...]

    2008-04-10 @ 6.23 pm

RSS feed Comments | TrackBack URI

Write Comment

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>