[ View menu ]

Monthly Archive Abril, 2008

Psicología y Pedagogía

 ...múltiples formas de acción colectiva por mediación das cales as sociedades se conservan e se transforman, formando a cada xeración no molde estático ou móvil das precedentes, despois fíxaos reflexivamente por medio de organismos estatales ou institucionais particulares segundo os tipos de educación proxectados. Pax. 25.26

O desenvolvemento das operacións intelectuais procede da acción efectiva no sentido máis completo (é dicir, intereses incluídos, o que non significa en absoluto que estes sexan exclusivamente utilitarios), posto que a lóxica é perante todo a expresión da co coordinación xeral das accións; e que esta coordinación xeral das accións implica necesariamente unha dimensión social, pois a coordinación interindividual das accións e a súa coordinación intraindividual constitúen un único e so proceso, ó ser tódalas operacións do individuo socializadas e tendo en conta que a cooperación en sentido estrito consiste nunha realización en común das operacións de cada un. Pax. 87

Non obstante existe un verbalismo da imaxe como hai un verbalismo da palabra e, confrontados cos métodos activos, os métodos intuitivos, non fan máis ca substitúir, cando esquecen a primacía irredutible da actividade espontánea e da investigación persoal ou autónoma do verdadeiro, o verbalismo tradicional por este outro máis elegante e refinado. Pax. 90

 Piaget, J. Psicología y Pedagogía. Crítica B. 2001. ISBN 84-8432-203-3

Hai moito que non poño unha canción. Esta adicolla a Tino e Leti:

Chuzame! chuzame -

Un problema algo <>

Unha xenealoxía de problemas científicos, desde logo, é algo menos impersoal ca unha secuencia de términos teóricos, ecuacións matemáticas ou sistemas axiomáticos. Para poñer en claro este punto debemos levar as nosas cuestións unha etapa máis adiante e preguntarnos que fai dun problema algo <<problemático>>, considerado dende o punto de vista dunha disciplina científica particular. Solo se escavamos ata este nivel máis profundo podemos aclarar por que unha definición adecuada dunha <<disciplina>> non so debe referirse ó obxecto de estudio no que se centran as súas actividades disciplinarias, senón tamén as actitudes profesionais polas que se guían esas actividades.

Para formular o punto en termos xerais: os problemas da ciencia nunca estiveron determinados pola natureza do mundo soamente, senón que xurdiron sempre do feito de que, no campo involucrado, as nosas ideas sobre o mundo están en conflito coa natureza ou unhas con outras. Galileo e Descartes gustaban de describir a tarefa do científico coma a de descifrar, dunha vez por todas, a escritura secreta en que está escrito o Libro da Natureza, para deste modo chegar á <<única estrutura verdadeira>> do mundo natural. Pero isto foi sempre un ideal ou aspiración platónico, máis ca unha simple descrición da tarefa coa que se enfronta a investigación científica, tal como se a leva a cabo. Falando en termos menos oraculares, podemos dicir que a tarefa da ciencia consiste en mellorar as nosas ideas sobre o mundo natural paso a paso, identificando ámbitos de problemas nos que se pode facer algo para diminúir o abismo entre as posibilidades dos nosos conceptos correntes e os nosos ideales intelectuais razoables.

Os cambios de largo alcance e en gran escala, na ciencia coma en outras esferas, non resultan de <<saltos>> repentinos, senón da acumulación de modificacións menores, cada unha das cales foi selectivamente perpetuada en algunha situación problemática local e inmediata. ...

Stephen Toulmin. La comprensión humana. I. El uso colectivo y la evolución de los conceptos. Pax. 159...

Alianza Universidad. Madrid 1977. ISBN 84-206-2191-9

Chuzame! chuzame -

Esta mañán

Pasei por aquí, aínda que non seguín os tres documentais que se visionaban porque tiña o día "concertado" :) . Dicían os organizadores que lles costou ben conseguir unha aula libre no campus de Pontevedra a pesar de que hoxe é Santa Kata en Ciencias Sociais e en Ciencias da Educación hai acto de graduación. Puideron levalo proxecto a cabo en Fisioterapia (cousas, cousiñas, cousas). Interesábame especialmente o que estaba previsto en primeiro lugar sobre Ferrer i Guardia (fundación), pero so puiden ver parte dun sobre El Pesta (Pestalozzi) do que me queda unha frase: El niño no puede sentir un ambiente relajado sin la presencia de adultos.

E falando de documentais, pensando no traballo de Fírgoa sobre o asunto Díaz Pardo, creo que alguén debería facer un sobre ese tema.

Chuzame! chuzame -

Esa alegre relación cos signos

titulos.JPG

Chuzame! chuzame -

Proceso de busca

Para Kuhlthau (1991), el concepto de construcción personal, apoya la hipótesis de la búsqueda de información como un proceso de construcción que inicia con incertidumbre y ansiedad. De un estado cognitivo de incertidumbre con respecto a un problema se origina una incertidumbre emocional. Esta hipótesis forma un modelo que consta de seis etapas:
(1) Iniciación— el estudiante inicia una sesión de búsqueda. Tarea: debe ‘reconocer una necesidad de información’; prescripción de información: busca los 'antecedentes de información’.
(2) Selección— el estudiante selecciona un área general de interés. Tarea: debe ‘identificar y seleccionar un tema general’; prescripción de información, busca ‘información relevante’.
(3) Exploración— el estudiante explora material para su área de interés. Tarea: debe ‘investigar la información sobre el tema general en función de ampliar su conocimiento general’, prescripción de información; busca ‘información relevante’.
(4) Formulación— el estudiante formula un tema o un enfoque específico. Tarea: debe ‘formarse un enfoque desde la información’; prescripción de información: busca información/enfoca lo relevante’.
(5) Colección— el estudiante recupera materiales sobre el tema o enfoque. Tarea: debe ‘reunir información relacionada con el tema o enfoque’; prescripción de información: busca ‘información relevante’.
(6) Presentación— el estudiante presenta el trabajo terminado. Tarea: debe ‘terminar la exploración y preparar la presentación de las conclusiones’; prescripción de información: busca ‘el enfoque relevante de la información’. Los procesos de búsqueda de información

Necesidade, relevancia, enfoque e discriminación.

Chuzame! chuzame -

Atent@

O meu amigo Tino de Masoucos preguntoume onte cando pensaba actualizar, e como tódalas preguntas teñen un sustento intentei ver como se alimentaba esta; mirando o calendario deime conta de que non hai días azuis dende o 8 e preocúpame que a comunicación esmoreza por falta de transferencia.

A Tino pareceulle que pensar nos biosbardos non era cousa boa así que me deu un par de belisquiños, e acendeu un par de luces para que espabilara.

Se cadra unha pequena astenia primaveral.

Andei a visitar os colexios da mostra, e teño unhas decenas de miles de items que tratar, fixen ademáis unha moi curta entrevista de aproximación cos coordinadores Tic dos centros que debo escoitar unha e outra vez e debo organizar un grupo de discusión. E teño certo interés en facelo ben.

Anoto unha cita que me interesa moito, (aproveito para dixitalizala):

Como observa o sociologo Norbert Élias : "a noción de función descansa sobre un xuizo de valor subxacente ás explicacióss da noción e ó seu uso. O xuizo de valor consiste no que involuntariamente se entende por función: as actividades de unha parte que serían "boas" para o todo, porque contribúen ó mantemento e á integridade dun sistema social existente...Evidentemente, artículos de fe de tipo social mestúranse aquí coa análise científica"

Armand Mattelart e Michele Matellart. Historia de las teorías de la comunicación.

Paidós Comunicación. Barna. 1996 ISBN: 84-493-0344-3 (na páxina 33)

E outra de Toulmin (xa que estou):

...se a posición filosófica de Wittgenstein é correta, esto significa -(teño unha sobriña que dicicía ignifícase porque pensaba o s era dun reflexivo a min parecíame unha interpretación interesante, que... certo... non ben a conto)- que a linguaxe mesma pola cal se realiza a nosa enculturación solo é intelixible para persoas que comparten suficientemente os nosos modos de vida. Toda a "linguaxe natural" particular, argüe -(¿¡canto había que non poñía unha dierese!?, perdón)-, comprende unha variedade de "xogos da linguaxe"cunha significación que deriva das "formas de vida" das comunidades nas que a devandita linguaxe se aprende, se fala e se usa. En ausencia de "formas de vida" compartidas, a comunicación lingüística debe interrumpirse: "O que debe aceptarse, o dado, son (poderiamos dicir) formas de vida". Así, a filosofía da linguaxe faise parte dunha "historia natural do home" máis vasta. Atoparemos conceptos e categorías universais, representados en tódalas linguaxes e intelixibles para os homes de tódalas culturas, solo na medida en que pautas igualmente universais da súa vida, pensamento e conduta brinden un marco compartido para o seu uso. E a existencia real de tales pautas non pode ser garantida filosóficamente. Pax. 78

Stephen Toulmin. La comprensión humana. I. El uso colectivo y la evolución de los conceptos.

Alianza Universidad. Madrid 1977. ISBN 84-206-2191-9

Di Carmelo Garitaonandia que:

Os nenos e os mozos consideran solo a versión lúdica dos aparatos que manexan con máis asiduidade (televisión, vídeo/dvd, ordenador, consola, xogos electrónicos, walkman, cadea de son, radio). Aínda que o factor de diversión é importante tamén nos teléfonos móviles, no seu uso prima o factor comunicación, como o demostra o feito de que as mensaxes, as chamadas e a localización sexan os aspectos máis valorados e con moita diferencia respeto a outros. Os maiores encontran tamén un uso escolar ó ordenador/Internet, pero incluso estes solo usan estes aparatos tecnolóxicos para xogar ou distraerse. Así, no ordenador, a consola e os xogos electrónicos destaca o seu rol de xogo; o vídeo, a televisión, a radio, o walkman e a cadea de son teñen un rol de entretemento; en ningún deles prepondera a súa aplicación cultural; e solo o ordenador/Internet para os maiores mantén certa asociación con un rol de traballo. As tecnoloxías da información e da comunicación e o seu uso polos nenos e os adolescentes.

¡Estes rapaces... Sempre pensando en xogar...!

Chuzame! chuzame -

Flexibilidade

As palabras, son terriblemente flexibles. Debe haber unha fórmula para calcular a súa elasticidade. Cando leo certo tipo de textos, non sei moi ben se @ autor@ está impresionad@ ou se quere impresionarme. É dificil intelixir entre tanta fascinación. A maior parte das emocións son extremadamente contaxiosas.

Espero que todo se calme co tempo, os seres humanos somos moi impresionables; pero acabamos acostumbrádonos a todo. Disque o que non mata engorda.

Os Biosbardos, estou a pensar nos biosbardos.

Chuzame! chuzame -

Buscas en Google

As pesquisas escolares, por vezes, exigem buscas complexas que os alunos com pouca experiência têm dificuldade em realizar. Os professores e educadores poderão iniciá-los à pesquisa e à exploração de sites através de WebQuests que podem criar ou seleccionar de entre as existentes na Web. Este conceito foi criado por Bernie Dodge e Tom March, em 1995, e refere-se a actividades contextualizadas e motivadoras, disponibilizadas na Web e que utilizam, preferencialmente, recursos existentes na Web. As WebQuests são criadas por professores para serem resolvidas colaborativamente por alunos a trabalhar em grupo. A pesquisa na Web através de ferramentas do motor de busca Google

Hai un par de anotacións, poñía unha imaxe coma esta:ostias2abril2008.jpg

A día de hoxe vexo que xa non existe a fenda que na gráfica caía no verán de 2007. Non pasaron tantos días e mira o que ahí cambian as cousas...

Unha Canção De Embalar

Chuzame! chuzame -

Se non cabe dúbida… falta espacio

Así dende o comezo, o problema da racionalidade era equivalente ó problema de manter ó home "aberto á razón". Esto significaba establecer un foro ou tribunal imparcial da razón, no que todos os homes tiveran a mesma situación intelectual, e que aplicara tamén métodos e procedementos imparciais, caracterizado por unha ecuanimidade que todos poideran recoñecer por igual.

A outra alternativa era o que Sócrates chamaba misoloxía, esto é, o desprecio polo debate racional. A falta de foro e procedementos imparciais, a racionalidade terminaría polo mesmo sendeiro cá xusticia. A verdade cedería ante as voces dos máis vocingleiros, a corrección ante as ideas dos máis respetables e a validez ante os métodos intelectuais dos máis persuasivos. No ámbito teórico, coma no práctico, os desacordos decidiríanse por balanza de poderes máis ca dos principios; e a búsqueda de posicións intelectuais ben fundadas sería reemplazada por unha fustigante partida verbal, un asunto de "quen a quen" (segundo a mordaz frase de Lenin). Enunciado nestes termos, o problema de identificar e caracterizar un punto de vista imparcial para a discusión, a comparación e o xuicio racionais ten sido unha preocupación permanente da filosofía. E os obstáculos á solución racional dos desacordos entre os homes -que son ó mesmo tempo síntomas de misoloxía e unha medida das dificultades para contrarrestala- son os mesmos hoxe que no tempo de Sócrates: a negativa a escoitar os argumentos do oponente, a obsesión polo poder e non polos principios, e a disposición a impoñer pola violencia ou as ameazas opinións que non lograron convencer polos seus propios méritos.

Sen embargo, desde moi cedo, todas as teorías filosóficas propostas como solucións a este problema comezaron a desenvolverse nunha soa dirección. A necesidade dun foro e de procedementos imparciais foi entendida coma se requerira un só sistema inmutable e exclusivamente autorizado de ideas e creencias.

Stephen Toulmin. La comprensión humana. I. El uso colectivo y la evolución de los conceptos. Alianza Universidad. Madrid 1977. ISBN 84-206-2191-9

Chuzame! chuzame -