Así dende o comezo, o problema da racionalidade era equivalente ó problema de manter ó home "aberto á razón". Esto significaba establecer un foro ou tribunal imparcial da razón, no que todos os homes tiveran a mesma situación intelectual, e que aplicara tamén métodos e procedementos imparciais, caracterizado por unha ecuanimidade que todos poideran recoñecer por igual.
A outra alternativa era o que Sócrates chamaba misoloxía, esto é, o desprecio polo debate racional. A falta de foro e procedementos imparciais, a racionalidade terminaría polo mesmo sendeiro cá xusticia. A verdade cedería ante as voces dos máis vocingleiros, a corrección ante as ideas dos máis respetables e a validez ante os métodos intelectuais dos máis persuasivos. No ámbito teórico, coma no práctico, os desacordos decidiríanse por balanza de poderes máis ca dos principios; e a búsqueda de posicións intelectuais ben fundadas sería reemplazada por unha fustigante partida verbal, un asunto de "quen a quen" (segundo a mordaz frase de Lenin). Enunciado nestes termos, o problema de identificar e caracterizar un punto de vista imparcial para a discusión, a comparación e o xuicio racionais ten sido unha preocupación permanente da filosofía. E os obstáculos á solución racional dos desacordos entre os homes -que son ó mesmo tempo síntomas de misoloxía e unha medida das dificultades para contrarrestala- son os mesmos hoxe que no tempo de Sócrates: a negativa a escoitar os argumentos do oponente, a obsesión polo poder e non polos principios, e a disposición a impoñer pola violencia ou as ameazas opinións que non lograron convencer polos seus propios méritos.
Sen embargo, desde moi cedo, todas as teorías filosóficas propostas como solucións a este problema comezaron a desenvolverse nunha soa dirección. A necesidade dun foro e de procedementos imparciais foi entendida coma se requerira un só sistema inmutable e exclusivamente autorizado de ideas e creencias.
Stephen Toulmin. La comprensión humana. I. El uso colectivo y la evolución de los conceptos. Alianza Universidad. Madrid 1977. ISBN 84-206-2191-9