Atent@
O meu amigo Tino de Masoucos preguntoume onte cando pensaba actualizar, e como tódalas preguntas teñen un sustento intentei ver como se alimentaba esta; mirando o calendario deime conta de que non hai días azuis dende o 8 e preocúpame que a comunicación esmoreza por falta de transferencia.
A Tino pareceulle que pensar nos biosbardos non era cousa boa así que me deu un par de belisquiños, e acendeu un par de luces para que espabilara.
Se cadra unha pequena astenia primaveral.
Andei a visitar os colexios da mostra, e teño unhas decenas de miles de items que tratar, fixen ademáis unha moi curta entrevista de aproximación cos coordinadores Tic dos centros que debo escoitar unha e outra vez e debo organizar un grupo de discusión. E teño certo interés en facelo ben.
Anoto unha cita que me interesa moito, (aproveito para dixitalizala):
Como observa o sociologo Norbert Élias : "a noción de función descansa sobre un xuizo de valor subxacente ás explicacióss da noción e ó seu uso. O xuizo de valor consiste no que involuntariamente se entende por función: as actividades de unha parte que serían "boas" para o todo, porque contribúen ó mantemento e á integridade dun sistema social existente...Evidentemente, artículos de fe de tipo social mestúranse aquí coa análise científica"
Armand Mattelart e Michele Matellart. Historia de las teorías de la comunicación.
Paidós Comunicación. Barna. 1996 ISBN: 84-493-0344-3 (na páxina 33)
E outra de Toulmin (xa que estou):
...se a posición filosófica de Wittgenstein é correta, esto significa -(teño unha sobriña que dicicía ignifícase porque pensaba o s era dun reflexivo a min parecíame unha interpretación interesante, que... certo... non ben a conto)- que a linguaxe mesma pola cal se realiza a nosa enculturación solo é intelixible para persoas que comparten suficientemente os nosos modos de vida. Toda a "linguaxe natural" particular, argüe -(¿¡canto había que non poñía unha dierese!?, perdón)-, comprende unha variedade de "xogos da linguaxe"cunha significación que deriva das "formas de vida" das comunidades nas que a devandita linguaxe se aprende, se fala e se usa. En ausencia de "formas de vida" compartidas, a comunicación lingüística debe interrumpirse: "O que debe aceptarse, o dado, son (poderiamos dicir) formas de vida". Así, a filosofía da linguaxe faise parte dunha "historia natural do home" máis vasta. Atoparemos conceptos e categorías universais, representados en tódalas linguaxes e intelixibles para os homes de tódalas culturas, solo na medida en que pautas igualmente universais da súa vida, pensamento e conduta brinden un marco compartido para o seu uso. E a existencia real de tales pautas non pode ser garantida filosóficamente. Pax. 78
Stephen Toulmin. La comprensión humana. I. El uso colectivo y la evolución de los conceptos.
Alianza Universidad. Madrid 1977. ISBN 84-206-2191-9
Di Carmelo Garitaonandia que:
Os nenos e os mozos consideran solo a versión lúdica dos aparatos que manexan con máis asiduidade (televisión, vídeo/dvd, ordenador, consola, xogos electrónicos, walkman, cadea de son, radio). Aínda que o factor de diversión é importante tamén nos teléfonos móviles, no seu uso prima o factor comunicación, como o demostra o feito de que as mensaxes, as chamadas e a localización sexan os aspectos máis valorados e con moita diferencia respeto a outros. Os maiores encontran tamén un uso escolar ó ordenador/Internet, pero incluso estes solo usan estes aparatos tecnolóxicos para xogar ou distraerse. Así, no ordenador, a consola e os xogos electrónicos destaca o seu rol de xogo; o vídeo, a televisión, a radio, o walkman e a cadea de son teñen un rol de entretemento; en ningún deles prepondera a súa aplicación cultural; e solo o ordenador/Internet para os maiores mantén certa asociación con un rol de traballo. As tecnoloxías da información e da comunicación e o seu uso polos nenos e os adolescentes.
¡Estes rapaces... Sempre pensando en xogar...!
chuzame - 