...múltiples formas de acción colectiva por mediación das cales as sociedades se conservan e se transforman, formando a cada xeración no molde estático ou móvil das precedentes, despois fíxaos reflexivamente por medio de organismos estatales ou institucionais particulares segundo os tipos de educación proxectados. Pax. 25.26
O desenvolvemento das operacións intelectuais procede da acción efectiva no sentido máis completo (é dicir, intereses incluídos, o que non significa en absoluto que estes sexan exclusivamente utilitarios), posto que a lóxica é perante todo a expresión da co coordinación xeral das accións; e que esta coordinación xeral das accións implica necesariamente unha dimensión social, pois a coordinación interindividual das accións e a súa coordinación intraindividual constitúen un único e so proceso, ó ser tódalas operacións do individuo socializadas e tendo en conta que a cooperación en sentido estrito consiste nunha realización en común das operacións de cada un. Pax. 87
Non obstante existe un verbalismo da imaxe como hai un verbalismo da palabra e, confrontados cos métodos activos, os métodos intuitivos, non fan máis ca substitúir, cando esquecen a primacía irredutible da actividade espontánea e da investigación persoal ou autónoma do verdadeiro, o verbalismo tradicional por este outro máis elegante e refinado. Pax. 90
Piaget, J. Psicología y Pedagogía. Crítica B. 2001. ISBN 84-8432-203-3
Hai moito que non poño unha canción. Esta adicolla a Tino e Leti:
chuzame -
Unha xenealoxía de problemas científicos, desde logo, é algo menos impersoal ca unha secuencia de términos teóricos, ecuacións matemáticas ou sistemas axiomáticos. Para poñer en claro este punto debemos levar as nosas cuestións unha etapa máis adiante e preguntarnos que fai dun problema algo <<problemático>>, considerado dende o punto de vista dunha disciplina científica particular. Solo se escavamos ata este nivel máis profundo podemos aclarar por que unha definición adecuada dunha <<disciplina>> non so debe referirse ó obxecto de estudio no que se centran as súas actividades disciplinarias, senón tamén as actitudes profesionais polas que se guían esas actividades.
Para formular o punto en termos xerais: os problemas da ciencia nunca estiveron determinados pola natureza do mundo soamente, senón que xurdiron sempre do feito de que, no campo involucrado, as nosas ideas sobre o mundo están en conflito coa natureza ou unhas con outras. Galileo e Descartes gustaban de describir a tarefa do científico coma a de descifrar, dunha vez por todas, a escritura secreta en que está escrito o Libro da Natureza, para deste modo chegar á <<única estrutura verdadeira>> do mundo natural. Pero isto foi sempre un ideal ou aspiración platónico, máis ca unha simple descrición da tarefa coa que se enfronta a investigación científica, tal como se a leva a cabo. Falando en termos menos oraculares, podemos dicir que a tarefa da ciencia consiste en mellorar as nosas ideas sobre o mundo natural paso a paso, identificando ámbitos de problemas nos que se pode facer algo para diminúir o abismo entre as posibilidades dos nosos conceptos correntes e os nosos ideales intelectuais razoables.
Os cambios de largo alcance e en gran escala, na ciencia coma en outras esferas, non resultan de <<saltos>> repentinos, senón da acumulación de modificacións menores, cada unha das cales foi selectivamente perpetuada en algunha situación problemática local e inmediata. ...
Stephen Toulmin. La comprensión humana. I. El uso colectivo y la evolución de los conceptos. Pax. 159...
Alianza Universidad. Madrid 1977. ISBN 84-206-2191-9
chuzame -