[ View menu ]

Un problema algo <>

Unha xenealoxía de problemas científicos, desde logo, é algo menos impersoal ca unha secuencia de términos teóricos, ecuacións matemáticas ou sistemas axiomáticos. Para poñer en claro este punto debemos levar as nosas cuestións unha etapa máis adiante e preguntarnos que fai dun problema algo <<problemático>>, considerado dende o punto de vista dunha disciplina científica particular. Solo se escavamos ata este nivel máis profundo podemos aclarar por que unha definición adecuada dunha <<disciplina>> non so debe referirse ó obxecto de estudio no que se centran as súas actividades disciplinarias, senón tamén as actitudes profesionais polas que se guían esas actividades.

Para formular o punto en termos xerais: os problemas da ciencia nunca estiveron determinados pola natureza do mundo soamente, senón que xurdiron sempre do feito de que, no campo involucrado, as nosas ideas sobre o mundo están en conflito coa natureza ou unhas con outras. Galileo e Descartes gustaban de describir a tarefa do científico coma a de descifrar, dunha vez por todas, a escritura secreta en que está escrito o Libro da Natureza, para deste modo chegar á <<única estrutura verdadeira>> do mundo natural. Pero isto foi sempre un ideal ou aspiración platónico, máis ca unha simple descrición da tarefa coa que se enfronta a investigación científica, tal como se a leva a cabo. Falando en termos menos oraculares, podemos dicir que a tarefa da ciencia consiste en mellorar as nosas ideas sobre o mundo natural paso a paso, identificando ámbitos de problemas nos que se pode facer algo para diminúir o abismo entre as posibilidades dos nosos conceptos correntes e os nosos ideales intelectuais razoables.

Os cambios de largo alcance e en gran escala, na ciencia coma en outras esferas, non resultan de <<saltos>> repentinos, senón da acumulación de modificacións menores, cada unha das cales foi selectivamente perpetuada en algunha situación problemática local e inmediata. ...

Stephen Toulmin. La comprensión humana. I. El uso colectivo y la evolución de los conceptos. Pax. 159...

Alianza Universidad. Madrid 1977. ISBN 84-206-2191-9

Chuzame! chúzame -

0 Comentarios

No comments

RSS feed Comments | TrackBack URI

Write Comment

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>