Pois eu discrepo
Ya era hora de que las universidades se adaptaran a las nuevas exigencias del mercado laboral y a los nuevos retos de las sociedades, pero todo cambio supone mucho trabajo y acarrea la aparición de muchos detractores que dudan de lo adecuado del nuevo sistema. Fírgoa
¿¡Dudan!?. ¡Xente de pouca fé!. E non expoñen razóns...
Estou máis de acordo con esto outro:
Debe ser la sociedad el referente de las universidades, no el mercado: expertos. La educación superior tiene que reconocerse como derecho humano y bien público. En estudio sobre AL y el Caribe alertan sobre riesgos de ajustar el conocimiento al modelo económico.
A miña lectura:
Algúns grupos están interesados en que as universidades se sometan ás exixencias do mercado (unha maneira de dicir productores e distribuidores, por que en realidade hai moita menos información sobre o mercado que proveña dos consumidores adquira relevancia científica, de feito que estes apenas contribúen na definición do concepto) ou o mercado está interesado en que as universidades se sometan ó mercado. Hai outras persoas que consideran que esa sumisión non é producente para a sociedade.
Como o universo é infinito pódese marchar en calquera dirección indefinidamente.
Estou en total desacordo coa privatización dos centros públicos de ensino.
As institucións públicas que creamos e sustentamos non deberían traficar coa educación, cos dereitos dos cidadáns, a menos que queiran perder lexitimidade. Pero non se trata das institucións públicas senón das persoas que desenvolven as funcións que delas emanan. As institucións en si mesmas son inoperativas.
¿Desafortunada a eleccións das palabras para o texto?. ¿Ou simplemente reflexo da mirada?. Defensores. Detractores.
A posición soe indicar direccionalidade. Hai infinitas e unha maneiras de relacionarse coa realidade e cada unha escolle a que lle parece mellor. E a min paréceme ben cando a escolle para un, o problema e cando a escolle tamén para os demáis.
Na sobremesa de onte un rapaz de 15 anos reflexionaba sobre o contexto no que se desenvolve, non lembro as palabras exactas con que se expresou, pero apoiaba a súa explicación co meu mechero e a unha cunca de café. Queren que sexas así- dixo mentres ensinaba o mechero. Aínda que nazas así (amosaba esta vez a cunca do café), e van a tratar de moldearte ata que te convirtan.
Xa se sabe como son as sobremesas que se fala de todo e vaise dun lado a outro, máis tarde o mesmo rapaz preguntoume. ¿Ti podes imaxinar que forámos todos iguais? o tono era a parte que máis significación lle daba á pregunta, sinto moito que non existan emoticonas para ilustralo.
chuzame - 