[ View menu ]

Daily Archive maio 27th, 2008

Segadora, herba, eu

Ya que el medio cultural puede estar dominado por grupos sociales, esta idea recuerda vagamente la tesis marxista: ``la ideología dominante es, en cada caso, la ideología de la clase dominante''. Pero, a diferencia de la tesis marxista, la idoneidad de los memes que permite su supervivencia, escapa al control de un grupo social determinado y sigue leyes propias y autónomas. ¿Que son los memes?

 

Non sei se xa titulara esta mañán, cando cisquei o refresco que estaba tomando encima do teclado. Tiven que limpalo enseguida e ó frotar o teclado saín da edición e non quedou nada gardado; como non teño un bo día ía deixalo pasar. Despois fixen outras cousas coma twitear en analóxico.

Comparto o espacio físico con outras persoas e se se me ocorre algo digoo en voz alta; case nunca a ninguén lle interesa o que digo, pero por un momento todos apartamos a vista das pantallas dos ordenadores e cando menos lembramos a presencia dos outros. Mirámonos, sorímonos, comprobamos que temos algo en común, se cadra ata nos recoñecemos.

Volvo a intentar reconstruir o texto porque lin esto e non é que sexa igual, pero paréceselle un algo.

Cortaron a herba dos xardíns estos días. A min interésame a herba, son ruralita -non sei se xa o dixen algunha vez. O contacto da herba debaixo dos pés séntame mellor ca o do cemento (creo que ten algo que ver coa fórmula E=mc2). Cando saio a fumar un cigarro gústame pasear por enriba da herba e ir mirando os mapas que debuxan as distintas especies. Dende a ventá vexo algunhas zonas da terra nas que non medra herba.

Ás veces a persoa que corta a herba está traballando e observo como o cortacéspede actúa baixo a súa dirección e vai reducindo o volume da herba, nalgún documental que vin se explicaba que ese arume que deixa a herba ó ser cortada é coma unha expresión da súa dor e do sufrimento que lle provoca a amputación.

Aínda que a máquina que se usa para cortar a herba nomease cortacéspede, a herba que hai aquí non é un monocultivo de céspede. Os cultivos intensivos non son ecolóxicos.

Digo que me gusta camiñar por enriba da herba e ir mirando os mapas que debuxan as distintas especies. As comunidades de tréboles ó ir medrando fan un conglomerado redondeado e a grama ás veces emerxe polo medio. Conviven outras especies que podo identificar visualmente ás que hai anos podía adxudicarlle un nome que xa non lembro. Tamén hai aquí e acolá dente de león, e as magarzas cando botan flores son coma botonciños brancos aquí e alá.

Mirando este espectáculo, que pobremente consigo describir reláxome, cambio a natureza, o ritmo, a intensidade do pensamento e para min é coma acariñar o cerebro.

Despois do cortacéspede, volven a medrar. Unha e outra vez, incansables. Sempre.

A mesma cadencia e ritmo de crecemento unha e outra vez. É un espectáculo, no que non se sabe se a xardineira somete á herba ou a herba somete á xardineira

Un día atopei unha fresa silvestre pegada a unha árbore, ¡resúltame tan extraña a súa existencia solitaria...!. Unha única pranta que non sei como chegou ahí ou acaso sexa a única que sobrevive dunha colonia. Pese a estar pegadiña ó pe da árbore sofre coma as outras herbas a agresión constante do cortacéspede, e igual unha e outra volta rebrota case con máis forza, parece que quixera medrar máis rápido e conseguir ó amparo da luz algunha flor antes do próximo corte.

Claro. que isto é interpretación miña, algo romántica de máis, pero é certo que cada vez as follas son máis duras, coma se tiveran a esperanza de resistir á segadora.

PD. Olvideime de mencionar que o enlace a Logic+Emotion mo pasara Ricardo.

Chuzame! chuzame -