[ View menu ]

Daily Archive xuño 3rd, 2008

Fascinación

 fascinación.

(Del lat. fascinatĭo, -ōnis).

1. f. Engaño o alucinación.

2. f. Atracción irresistible.

3. f. aojo.

Un perigo aínda maior é o de previr a nosa relación co noso propio corpo. Os lugares virtuais, nos que cada vez teremos que movernos, alterarán de múltiples formas a nosa percepción do corpo. O cruce íntimo do corpo real, no que habitamos incluso antes de nacer, con formalismos abstractos aínda que tanxibles, con arbitrarias escalas de tempo e curvaturas dos espacios, levarános con toda probabilidade a certo abandono dos nosos costumes máis arraigados. Certos elementos da nosa relación cos demáis, como a noción de <<telepresencia>> , veránse así mesmo cuestionados por prácticas virtuais que desafían tódalas previsións.

A fascinación dos mundos virtuais e das imaxes de síntese afecta sobre todo ás xeracións novas. Esta fascinación non so provén do feito de que un poida crearse pequenos <<mundos>> ex nihilo, senón tamén do feito de que, en certo sentido, se pode vivir <<realmente>> neses mundos. Cada vez máis, poderíamos chegar a desexar contentarnos con eses simulacros de realidade por pouco que o mundo real pareza demasiado hostil, inhóspito, ou por pouco que as súas vías de acceso parezan fóra do noso alcance. O virtual podería convertirse entón nun novo <<opio do pobo>>. Por iso hai que seguir con atención os seus desenvolvementos, intentar conter os seus empregos éticamente cuestionables e reflexionar sobre os fundamentos da fascinación case irresistible que suscita.

Philippe Queau. Lo virtual. Virtudes y vértigos.

Paidós Ibérica Barcelona 1995. ISBN: 84-493-0185-8

Chuzame! chúzame -