[ View menu ]

A gata coa presa pariu os fillos cegos

Esta frase acostumaba a repetirma miña avoa cando, por facer as cousas demasiado rápido me saían mal. Hai que ver as cousas que se aprenden dos vellos.

Onte esquecín titular a anotación. 224 dixo o sistema que se ocupou por min. É obvio que tiña presa, non traducín o texto nin nada. Unha conversa que tiven onte faime pensar que a maioría das veces non me explico... ben... nada. É unha elección persoal.

224. ¿Serán moitas? ¿Serán poucas?. Teñen utilidade para min. ¿Para alguén máis?. (Esta última non é unha pregunta retórica).

Algúns agradecementos, queren saír de min e viaxar ata destinos coñecidos, outros ata destinos apenas sospeitados, intuídos, bueno pouco claros en realidade. Cometo un exceso, viráme moi ben.

Miña nai, pobre muller. Tódos os días. Non son un texto que pode rehusar ler. Gracias Madre. Padre, sabes que ti nin a metade. O certo, certo é. Os rapaces da familia que acaban explotados como recursos de información. Os pais dos rapaces, que se quedan con eles despois das preguntas que lles fago. ¡É o voso traballo...!

Begoña. Bego. Be. Becho. Begho. Beghoña. ¡Como sufriu este ser a miña relación coa epistemoloxía!. Os meus amigos que teñen a sorte de verme con menos frecuencia, non sofren tanto o monotema no que me convertín. Sorte para eles e non escribirei os seus nomes porque eles xa os coñecen. A ver se organizamos un xantar ou cea.

224. Sin contar esta. (Un home está a dormir na biblioteca diante dun atril cun libro gordo, vai moita calor. Hoxe todo o mundo anda con sono. Eu tamén).

En fin. Empecei a facer graffitis en internet para o seminario Análise e evaluación de recursos dixitais impartido por Daniel Martí (non lle tiro rosas por que non se pinche coas espiñas); no primeiro ano de doutorado, con moito recatamento fixen as primeiras anotacións. O primeiro susto deumo Manuel Pinto. Si señor, foi un susto importante, púxome a tremer, xuroo. Despois de pensalo... bastante... decidín que tiña que seguir coma se Manuel Pinto e os seus lectores non me intimidaran, como fixen coas referencias do meu titor. De tanto pensar que non me intimidaban acabei convencéndome de que era certo. Luis Pereira xa non me deu medo, agora o mesmo paréceme agradable. Os seguintes enlaces, que non é que sexan moitos -asumo que son de calidade- xa son quen de agarralos sen mancarme -máis que nada porque fagoos todos da "da familia".

Tanto medo perdín, que en novembro do ano pasado ocorreuseme poñer un contador para ver cantos somos máis ou menos os que andamos a construir este espacio, ademáis dos que xa mencionei.

Contador de visitas

 

 

 

 

Bueno, non é que sexamos poucos, e sei que algúns, axudan sen querer, pero cada ún ten a súa responsabilidade en todo isto. Despois xa non me chegou, (por que eu teño moito vicio) e puxen o mapiña. Como antes ou despois tiña que cair nesto direi que algúns podían facer algún comentario algunha vez, aínda que non fora moi constructivo, a ver se espabilamos todos un pouco. Pero sumando os comentarios que fago eu nos blogs que leo, case mellor non digo nada.

Eso si, se nos estamos esquecendo de alguén por favor, teña a ven indignarse e pedilo seu. Non me refiro a Tino que non sae na foto de familia. E se el non sae seguro que hai máis.

Estou lendo algo de Queau, sempre que penso que vou usar unha cita na argumentación da miña tese, pasoa a dixital se estou lendo en papel, despois todo é copiar e pegar. Teño unha:

Ah! pero antes ía a dicir... tiña pensado queixarme de que o autor emprega neste título (Lo virtual) demasiadas metáforas, tantas que obliga a clavar a atención para descodificar. Era algo que me molestou nas primeiras páxinas. Cambiei de idea.

Di:

A cuestión fundamental que se prantexa é, pois a do estatuto exato desa realidade << intermedia>>.

Convirá cuestionarse acerca da natureza profunda das realidades <<virtuais>> para valorar cáles son as vías de exploración artísticas ou científicas máis axeitadas para este novo medio de comunicación.Sería un grave risco contentarse con aprehender as novedades técnicas contando coa boa fe de aqueles que teñen un interés en promovelas, dentro dos actuais marcos ideolóxicos. Tomando o virtual en serio, ¿non iriamos a cair nunha inxenua apoloxía dunha tecnoloxía máis, despois da fibra óptica e a televisión de alta definición?. Non o creemos. O ámbito da simulación virtual é extenso e as súas prolongacións metodolóxicas trastocarán un gran número de ideas asumidas. Este libro pretende catalogar as preguntas que xa se poden prantexar respecto ó virtual ne intentar, nunha segunda parte máis teórica, evaluar as posibles bases de unha estética do virtual.

A estas alturas, parécenos indispensable un esforzo de rigor semántico. En efecto, asistimos a unha proliferación de expresións aproximadas, perezosas e incluso peligrosas por este mesmo laxismo. Por exemplo, parece que expresiones moi xornalísticas como <<realidade artificial>>, <<realidade virtual>> ou incluso <<telepresencia>> fomentan a análise superficial e certa falta de discernimento criteriolóxico, xusto no momento no que máis precisamos instrumentos conceptuais que nos premitan orientarnos no medio das falsas aparencias e os verdadeiros simulacros e nos impidan confundir a ximnasia virtual coa magnesia real.

¡Que tío! ¿non?. Creo que está falando de adultos, concretamente de científicos. ¡Ten cada cousa!...

Hoxe fíxenme con outro libro, vou contar como: entrei na bilioteca e ía solicitar un ordenador, mentres falaba co bibliotecario vin o libro que alguén devolvera e inda non fora de colocado no seu lugar. Faime gracia porque eu non o buscaba. Teño catro en lista de espera, algúns empezados. E dixen vouno levar. A ver que tal está. Titúlase Procesos cognitivos y curriculum. Unha base para decidir lo que hay que enseñar. Elliot W. Eisner. Empeza cunha cita de John Dewey, que tamén me pode valer a min:

Por conseguinte, -(isto tamén o dicía moito Felipe González)- a educación ten que comezar con unha penetración psicolóxica nas capacidades, intereses e hábitos do neno. O seu control ten que levarse a cabo en cada aspecto por referencia a estas mesmas consideracións. Estas enerxías, estes intereses e hábitos hanse de interpretar continuamente, debemos saber o que significan. Hay que traducilos ós termos dos seus equivalentes sociais, e dicir, aquelo de que son capaces baixo o aspecto de servicio á sociedade. John Dewey. Mi credo pedagógico, 1897

Por certo que estos días preguntaba o Profesor Potachov se os sitios educativos deben mostrar publicidade, se eu non fora tan tímida diríalle que si, que deben mostrar publicidade, eu creo que ademáis nas aulas todas ademáis do profesor debería haber un par de comerciais intentando inducir ó consumo de productos e servicios e competindo pola atención dos nenos. Paréceme que a competitividade que se xeneraría entre o profesor e os comerciais daría lugar a sinerxias moi positivas para o sistema educativo. Claro que habería que coidar de non chocar contra os códigos deontolóxicos da publicidade que afectan á infancia como:

“en ningún caso explotará la especial confianza de los menores en sus padres, en profesores, o en otras personas, tales como profesionales de programas infantiles, o personajes (reales o ficticios) de películas o series de ficción”.

Algúns productos por exemplo nen sequera poden poñer publicidade nas inmediacións dos colexios, habería que ver se un blog se considera colexio pero polo demáis... transformar ós alumnos en audiencias... nun vira, vira. E no tocante ó de cubrir os gastos que se le nos comentarios... claro. ¿Quen senón o usuario final? ¿En que sistema vivimos?

Chuzame! chuzame -

2 Comentarios

  1. masoucos says:

    Espero que non te quedes cega, coma os gatos da túa avoa.

    Aínda que non son da familia… pasome para que poidas ver que sigo por aquí, unhas veces máis outras menos. Xa sabes.

    Por certo, nesta entrada, contas tantas cousas… é incrible como podes unir esas cousas tan disperas entre si.

    Un saúdo.

    2008-06-10 @ 10.01 am

  2. jose says:

    Vaia así que agora me vas dicir que non és da familia. O mundo está atado por fíos invisibles. Non son eu quen une as cousas.

    2008-06-10 @ 11.07 am

RSS feed Comments | TrackBack URI

Write Comment

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>