[ View menu ]

Daily Archive xuño 9th, 2008

Que o futuro non me sexa indiferente

Chuzame! chúzame -

Representación

A selección de unha forma de representación non só funciona como un vehículo para transmitir o que foi conceptualizado, senón que as formas de representación tamén axudan a artellar as formas conceptuais. Consideremos un exemplo de debuxo. Se un sabe o que vai a debuxar, poñamos por caso, o restaurante do pobo de Kansas, o carácter e os detalles do local destacarán dun modo especial, buscaraos, veraos e lembrará dunha maneira moito máis intensa, detallada e vívida ca se fora a compoñer unha peza musical sobre ese tema ou a describilo mediante a prosa sociolóxica. As exixencias da tarea guían a percepción, e un non pode ver ou imaxinar o que non pode debuxar.Así, é posible identificar as diversas maneiras en que a selección dunha forma de representación inflúe non so no contido da representación, senón tamén no contido da concepción. En primeiro lugar, a medida en que un adquire habilidade no uso de formas particulares de representación, aumenta a tendencia a querer usar tales formas e é problable que o punto central que enxendran se convirtan nun marco de referencia importante para a percepción. As clases de redes que sabemos tecer, determinan as clases de redes que lanzamos. En segundo lugar, as habilidades que posuímos no uso de formas particulares inflúen na extensión en que aquilo que coñecemos conceptualmente pode representarse en público.

Elliot W. Eisner. Procesos cognitivos y curriculum. Unha base para decidir lo que hay que enseñar. Ed. Martinez Roca. B-1987

Chuzame! chúzame -