Revisando as contas
Ando lendo a tesis de López de Ayala, -o de ando non é literal en realidade leo sentada- quería dicir que atopo moi interesante o traballo. Elixiu a entrevista familiar como metodoloxía de investigación, e acho que con resultados espectaculares. Paréceme realmente brillante este traballo.
Entre as conclusións:
… a atribución social de unha maior competencia de uso ós nenos e mozos está subvertendo os tradicionais procesos de instrucción no seo da familia que se invirten dirixíndose agora en sentido ascendente, especialmente cara as nais. Os procesos de enseñanza e aprendizaxe na familia son moi intensos entre irmáns, potenciados polo alto grao de interacción fraterna, especialmente se son irmáns do mesmo sexo.
...
En relación ás estructuras de autoridade na familia, se tenemos en conta que a autoridade familiar se corresponde cun modelo de dominación lexítima que descansa sobre os coñecementos que otorga a experiencia, é plausible pensar que a incorporación das tecnoloxías da información e comunicación pode estar interferindo no proceso de estructuración das relaciones de autoridade da familia. Neste sentido, é probable que a creencia social de que as novas xeneracións son máis competentes no manexo destas tecnoloxías e teñen un maior coñecemento dos seus efectos que os adultos, sexa unha das causas desa resistencia dos proxenitores a crear normas ás que xa aludimos.
Estou de festa esta fin de semana, é venres, fai sol, estou especialmente contenta. Remato a semana. Agora. Xa.
chúzame - 