Consumo e producción cultural
Non obstante a apertura no campo teórico e de producción científica nos seus intentos integradores das temáticas de cultura e comunicación, as realidades latinoamericanas non variou moito neste sentido. As visións reduccionistas da cultura seguen predominando e manifestanse nos estreitos marxes ós que circunscriben os fenómenos comunicativos, e nas políticas sociais e culturais que se implementan. No caso da infancia a situación non é outra, de modo que a relación comunicación–cultura está pendiente aínda en gran parte da producción investigativa e do accionar político.Máis alá dos hábitos: consumo televisivo e infancia. No marco dos estudios sobre consumo cultural que se desenvolveron con forza en América Latina e no resto do mundo, fíxose evidente unha maior diversidade de prácticas e produtos que non permiten ser analizados desde a relación entre alienación e manipulación, senón que requiren cambia-las preguntas e comenzar a indagar que fan as personas co que escoitan, miran e len, é dicir, indagar en torno ó consumo dos produos culturais nesta nova conformación social á que asistimos na postmodernidade. (Martín Barbero, 1987) Se entendemos por consumo cultural “o conxunto de procesos socioculturais en que se realiza a apropiación e uso dos produtos culturais”, (García Canclini, 1995:21) podemos ver que non se circunscribe ó producto en sí mesmo, senón a toda unha gama de elementos que, en definitiva, dan conta das dinámicas sociais e as constrúen e reconstrúen cada día. É decir, refírese novamente a necesidade de supera-la fragmentación entre un momento de producción e un momento de consumo, para considerar como central o proceso de producción cultural. Sen embargo, o proceso de consumo foi abordado a mayoría das veces a partir do reducionismo que implica limitarse á tenencia de bens que satisfacen necesidades, ou ben foi visto como unha práctica insulsa e superficial asociada con gastos inútiles e compulsións irracionais.(García Canclini, 1995) En consecuencia, as investigacións restrinxíronse a exploracións cuantitativas que dan conta da posesión de bens, por un lado, e os hábitos de consumo, polo outro. Estas consideracións sesgaron a mirada ó rol do consumo nla sociedade, obviando que unha visión profunda do mesmo supón analiza-lo desde a súa función esencial: dar sentido. Infancia, consumo e televisión
chúzame - 