[ View menu ]

GAP de coñecemento

A medida que en un sistema social se incrementa el flujo de información proveniente de los medios de comunicación, los segmentos de la población de status socioeconómico más alto tienden a adquirir esta información a un ritmo más acelerado que los segmentos de status socioeconómico más bajo. Entonces, la brecha de conocimiento entre estos dos segmentos tiende a ensancharse más que a reducirse.” (Tichenor, Donohue y Olien)(*). En Teoría de la comunicación

En Comunisfera acho un enlace a Knowledge Gap, que me interesa como factor de incidente na fenda dixital. Mencionaba hai un tempo, e manteño, que as relacións emisor-medio e medio receptor tamén afectan a relación de comunicación en ocasión máis cá propia información que se transmite. E levo unha.

Lugar de accceso EGM marzo 2008

Segundo o EGM o 75% dos usuarios de internet acceden dende os fogares, sen embargo estas porcentaxes están lonxe de cumprirse en Galicia xa que os datos que ofrece o OCEG para Galicia están moi lonxe de axustarse ós do EGM xa que logo os indicadores de equipamento de internet nos fogares indican que un 70% dos mesmos non teñen acceso a internet. Segundo estes datos debemos entender que nos atopamos nunha situación diferencial con respecto ó resto do territorio español. O feito de que os lugares de acceso non se correspondan invítannos a pensar que tampouco os tempos de acceso e por tanto os coñecementos adquiridos polo uso sexan equilibrados co resto do entorno analizado.

Fogares galegos con internet OCEG 2007
Dado que os fogares carecen de conexión a internet o máis probable é os accesos a internet estén a ser realizados dende espacios de uso público, o acceso público esixe necesariamente o desprazamento dende o fogar -que entraña en si mesmo unha dificultade de acceso engadido- ata lugares coma colexios, bibliotecas ou cibers caso este no que será preciso dispoñer de capacidade de gasto e o acceso ás terminais estará limitado por unha demanda maior.
Se a demanda é maior, ademáis o acceso será aínda máis limitado e tamén os tempos de uso probablemente sexan considerablemente inferiores e en consecuencia as destrezas adquiridas no manexo da tecnoloxía informática.

Intento facerme unha idea de como será o gráfico do EGM para os nenos galegos, se eliminamos a liña do fogar que non é viable na maioría dos casos e por suposto a do lugar de traballo, so se me ocorre unha forma de equilibrar a situación que é elevando a liña laranxa.

Chuzame! chúzame -

0 Comentarios

No comments

RSS feed Comments | TrackBack URI

Write Comment

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>