[ View menu ]

Daily Archive xuño 17th, 2008

Respostan 2 ministros Europeos

mendezdevigo.JPG

Como pode observar o lector, o interlocutor faio exercicio de desvencellarse do tema coma se non tivera nada que ver con el.

Compláceme máis esta outra resposta, que é como máis próxima, coma se tomara a comunicación máis en serio, e na que por outra parte se lle ve como máis disposto a ternos en conta e a traballar con maior enerxía e dilixencia ¿non é?.

hammerstein.JPG

Enlazo a nota de prensa.

Chuzame! chúzame -

65 horas? NIN DE COÑA

gal-65horas.png

Os eurodiputados non nos reptresentan diríase que non traballan para nos. Cando un non ten a ninguén que o represente non lle queda outra ca representarse a si mesmo, que é o que a xente vai decidindo últimamente, todo cambio ten unha causalidade e é que algunhas cousas xa pasan de castaño a oscuro. Se cadra é que non saben o que queremos e haberá que ensinar ó que non sabe

As iniciativas que se están levando a cabo coa campaña 65 horas NIN DE COÑA, copioas de Comunisfera:

Varias son las iniciativas emprendidas:

Como di NetoRatón para voltar ó XIX so nos falta traballar de sol a sol porque os soldos de miseria xa os temos só que se lle chama mileurismo -aínda que a maior parte non chega a mil. Falar en internet está ben, pero tamén sería interesante facer o mesmo fóra, porque este non é un problema dixital, pero atravesa a fenda, coma as campañas virais. Eu vou ser todo o viral que poida, e xa teño o post feito, sáltome o facebook pero paso ós outros 3.

Vou poñer o banner lateral en polaco, porque o tema é multicultural. E inclúo uns versos de Atahualpa Yupanqui:

Le tengo rabia al silencio
por lo mucho que perdí
que no se quede callado
quien quiera vivir feliz

Chuzame! chúzame -

O 16,3% dos nenos de 10 a 14 anos acceden a internet dende o traballo

lugardeacceso1.jpg

Segundo o Estudio sobre Actividades realizadas en Internet 2007 (pax. 21); eu diría que isto é un tema para preocuparse. Non sei se lle compete a Asuntos Sociais ou se a cousa é aínda máis seria. Para ser un "país avanzado" os índices de explotación infantil son considerables.
Eu diría isto merece un comentario, ¡veña! que non quede calado quen queira vivir feliz.

Esta é moi boa dende o meu punto de vista, ¿alguén por ahí ten unha similar?

Chuzame! chúzame -