[ View menu ]

Propio e intransferible

A idea de que deberían deseñarse programas educativos para axudar a cada neno a desenvolver o seu potencial de aprendizaxe propio e intransferible foi comentada por moitos autores, pero se cadra ningún expuxo o caso máis incisivamente ca o filósofo, poeta e crítico de arte sir Herbert Read, cando identificou o que consideraba coma dous grandes principios nos que podería apoiarse a educación. Un deses principios era axudar ós nenos para que chegaran a ser o que non son; o outro era axudarlles a ser o que son. [...]A igualdade de oportunidades educativas non pode proporcionarse se non se lles da a algúns nenos a ocasión de usar e desenvolver as súas capacidades intelectuais máis potentes. Ó diversificar as formas de representación dispoñibles na escola e concederlles unha categoría igual á que agora se lle concede á lectura, a escritura e o cálculo, poderiamos estender o éxito que conseguen algúns alumnos a aqueles para os que a escola é un lugar onde só contan unhas variedades particulares e limitadas de habilidade humana. Os alumnos ós que se lle di formal e informalmente, implícita e explicitamente, disimulada e abertamente que os seus intereses e aptitudes particulares carecen de importancia, que non son intelectuais, que non se lle terán en conta cando soliciten a súa admisión nunha universidade, son persoas ás que se lles nega a oportunidade de igualdade educativa. Tal é a situación actual na educación norteamericana, e a presión dun retorno ó básico exacerbará, en vez de mellorar, esa tendencia.

Elliot W. Eisner. Procesos cognitivos y curriculum. Unha base para decidir lo que hay que enseñar. Ed. Martinez Roca. B-1987

 

A visión de Eisner parte do recoñecemento de distintas formas de intelixencia que dan lugar a formas distintas de conceptualizar.

Hai uns meses, bastantes en realidade, emitiuse un documental en televisión -non lembro en que espacio nin en que canal e tampouco o título....

Afortunadamente acabo de atopalo en Youtube despois de buscar autismo números pasando  por aquí. Muy fácil.

A maioría das persoas seriamos incapaces de explicar como entendemos ou conceptualizamos e sen embargo moito ou pouco, máis ben ou menos ben entendemos e conceptualizamos dalgún xeito. Pero non do mesmo xeito.

Di Martí que:

La carga de contenidos, la expresión densa, la pérdida de vista de los alumnos destinatarios, la falta de interrupción del discurso profesoral... son defectos que podemos repetir tanto en una lección magistral, con una presentación en powerpoint o con blogs o wikis. Sólo que con blogs vamos a estar menos tiempo en esos errores.

E tamén que:

El blog es más educativo cuanto más se integra en una serie de rutinas de lectura, selección, confección, comentarios, comunicaciones y aportaciones externas. Recuerda algunas prácticas del aprender haciendo como propone R. Schank.

O libro de texto constitúe único discurso ó que teñen que acceder de igual forma tódos os alumnos, o blog docente non debería imitar ó libro de texto. Non hai unha mellor maneira de explicar un tema ou concepto.  As redes de blogs educativos son susceptibles de organizarse de modo que permiten ofrecer ó alumno máior posibilidade de acceso aportando formas de representación distintintas e permitíndolle entender que el mesmo pode representar de distinta forma. Creo.

Chuzame! chúzame -

0 Comentarios

No comments

RSS feed Comments | TrackBack URI

Write Comment

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>