Determinismo, e-modos de pensar

Arredor dunha persoa conflúen un sinnúmero de factores, todos esos factores artéllanse á hora de tomar decisións e adoptar conductas, realizar actos.

Agora está iso si o Gran Factor. O Gran Factor é a tecnoloxía.

Pregúnto eu, ¿é posible que algunha sorte de factor de natureza non tecnolóxica contribúa a que os xubilados fagan cola na caixa en lugar de usar o caixeiro automático?

Máis A-modo.

PS. Teño unha chea de cousas importantes que facer, ¡que pre-ocupada vou estar o luns…!

Actualización 24 de xuño. Esta anotación está completamente fóra de tono. Cun tono máis correcto podería dicir o mesmo mellor. Quédame coma un exemplo do que non debo facer. Onte coñecín a Luis Costa e conversamos por enriba das pantallas dos ordenadores, en algún momento eu díxenlle respecto a algo que estaba a ver en internet “isto non se pode facer” e el contestoume que en realidade si que se pode facer outra cousa é que se deba facer. Foi un pracer coñecelo. Hai que ver canto se pode aprender nun día, e canto se pode esquecer de repente.

Espero que Carlos Neri teña a ben desculparme tamén por equivocarme no nome.