[ View menu ]

¡Que bonito!

Empecemos por facer notar que o texto chama cousas (pragmata) aquelo respecto o cal "o <que hai> na alma" ten a relación dita e nunca trata a alma como unha delimitación do ente, das cousas, non se di as cousas que hai na miña alma, ou as cousas que hai na alma e as cousas a secas. Isto concerta co significado da palabra, pois, en efecto homoíoma dunha cousa non é outra cousa que "se pareza" á primeira, senón que é presencia da mesma cousa, presencia derivada ou secundaria, pero do mesmo. non se realiza unha distinción entre a alma e as cousas, non se fala, pois do que pertence á alma e do que non lle pertence, non hai unha distinción entre o físico e o mental; non se fala de alma (ou mente, ou espíritu, ou como queira que se lle chame) como unha delimitación do ente. O contido da miña persoa, incluso de min mesmo, é nin máis nin menos o contido das cousas que hai. Se empezo a quitar de "min", persoas ou todo aquelo que é presencia de outras cousas, ó final non quedará absolutamente nada; é por isto que a miña alma non é ningún recinto de nada. Polo tanto establecemos a alma como un modo de presencia do ente, ti e eu non somos distintas cousas senón distintos modos de presencia do mesmo. O concepto de "Suxeito" en Aristóteles y Descartes.

Chuzame! chúzame -

0 Comentarios

No comments

RSS feed Comments | TrackBack URI

Write Comment

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>