Dormir a sexta
Aínda que andei aquí e acolá non me sinto moi promiscua.
Agora toca encerro. Vou tres días a edublogs e despois apetéceme estar sola un tempo; teño traballo atrasado que non espera máis.
Disque non se aprende con leccións maxistrais senón facendo un mesmo. Eu non teño nada contra as boas leccións maxistrais e encanto ós dircursos todos se me presentan maxistrais.
En setembro teño que expoñerme. Será interesante comprobar como o fago.
Ata entón, nada apunta a que vaia andar a miúdo por estos lares. E tampouco me creo que non pase de cando en vez, pero nas próximas 60 voltas que o mundo de arredor de sí eu non estarei nos sitios de sempre tan a miúdo coma de costume.
Teño a esperanza de que despois terei máis... máis de algo.
chúzame - 